domingo, xullo 07, 2019

Comunicacion do BNG sobre a formación da nova corporación de Ferrol e o goberno local


Comunicacion do BNG sobre a formación da nova corporación de Ferrol e o goberno local


Desde o Consello Local do BNG queriamos facervos partícipes das nosas reflexións logo do proceso eleitoral e á vista dos resultados que se teñen producido na nosa cidade.

A decisión do BNG foi impedir cos nosos votos a formación dun goberno do Partido Popular e polo tanto dar o noso apoio para a elección de alcalde ao candidato do PSOE. Así mesmo decidimos iniciar un proceso de conversas con esta formación política de cara a avaliar a posibilidade de integrarnos no goberno municipal de Ferrol, conversas que se desenvolveron ao longo das últimas semanas.

As respostas obtidas por parte do PSOE aos problemas propostos polo BNG, tanto no debate de investidura como nas conversacións anteriores e posteriores, impiden que o BNG poida integrarse no próximo goberno local.

O BNG non pode formar parte dun goberno local que pretende obrigarlle a pagar aos veciños e veciñas os 5M de euros que van desde 2015 até marzo de 2017 pola xestión dunha depuradora que non é nosa e que non depuraba.

Que pretende que a recollida do lixo, o contrato máis caro da cidade, continúe a ser o coto privado de transnacionais ou que ten no modelo especulativo da burbulla inmobiliaria o paradigma de desenvolvemento urbano a implementar na cidade, tal e como acontece co Plan para o Sánchez Aguilera e o convenio con Defensa.

Tampouco podemos asumir que se deixe pasar a única oportunidade que temos neste mes de agosto de iniciar o camiño para a creación dunha empresa pública de transporte para mellorar a tan precarizada situación actual do servizo ou que o proceso de peonalización do barrio de A Magdalena se deixe nun segundo plano.

Desde o BNG estariamos en disposición de aceptar posicionamentos opostos aos nosos criterios se con iso fósemos capaces de levar adiante algunha alternativa para a cidade que puidésemos compartir pero o resultado das conversacións mantidas déixanos pouco ou case nulo marxe de manobra.

Ferrol 4 de xullo de 2019

Consello Local do BNG de Ferrol


Ferrol | Web | Facebook | Twitter.
Local Electoral BNG
Rúa Galiano, 66 Baixo.





Enviado por:
BNG
-bng@ferrol.es-
5 de julho de 2019 12:21

_________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon