venres, xullo 19, 2019

O Supremo anula a resolución do 29 de maio de 2016, do goberno en funcións de Mariano Rajoy, de eximir a Reganosa da avaliación de impacto ambiental - Rolda de Prensa do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, sobre a Quinta Sentenza do Tribunal Supremo desfavorábel á Planta de Gas de Mugardos - Vídeo

Tags


Hoxe, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, compareceu ante os Medios de Comunicación, para facer a súa valoración da recente sentenza do Tribunal Supremo que anula o acordo do Consello de Ministros do 29.05.2016 polo que, o goberno en funcións de Rajoy, excluíu á Planta de Gas da tramitación ambiental para que seguira funcionando, logo das anulacións polo Supremo das diferentes autorizacións outorgadas (modificación do Plan de Urbanismo, administrativa previa, de construción e Plan de Emerxencia).


https://youtu.be/XsgynwbL-8Y

O Supremo anula a Resolución do Consello de Ministros que permitiu que continuase o funcionamento da planta de gas de Reganosa.

A planta de gas de Reganosa aséntase nun cúmulo de ilegalidades, esta é a quinta sentencia do Supremo na súa contra. Agora, en sentenza inapelable 1075/2019 a sección quinta da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo, ven de anular a Resolución do Consello de Ministros do 29 de Maio de 2016 polo que o Goberno en funcións de Mariano Rajoy, acordou excluír á planta de gas de Reganosa da tramitación ambiental, alegando carácter de urxencia para que seguira funcionando, incorrendo en manifesta ilegalidade, logo de que o Supremo anulara en catro sentenzas firmes anteriores, as diferentes autorizacións outorgadas a Reganosa: modificación do Plan de Urbanismo, administrativa previa, autorización de construción e Plan de Emerxencia.

Esta sentenza que anula o acordo do Consello de Ministros, non é un papel máis, xa que esta resolución agora declarada ilegal, permitiu tramitar de urxencia as novas licencias de funcionamento da planta, permitindo que Reganosa seguira funcionando dende maio de 2016 ata agora. A novidade desta sentenza, radica en que ao declarar nulo este acordo, as autorizacións concedidas dimanantes do mesmo, carecen de apoio legal e deberán ser anuladas. Estas novas autorizacións concedidas a Reganosa en 2016 a partires desta resolución anulada polo Supremo, xa están recorridas polo CCE,e esta nova e quinta sentenza xa se incorporou ao expediente do recurso.

As novas autorizacións - conseguidas por Reganosa - caerán coma un castelo de naipes.

Doutra banda está demostrado que a planta de Reganosa é innecesaria para o sistema gasista. A súa produción media está por baixo do 25% da súa capacidade. Os gasodutos existentes, agora pechados, teñen capacidade suficiente para garantir a demanda galega. O exceso de capacidade que representa Reganosa, encarece o recibo da luz, e o recibo do gas. A planta cústanos máis de 60 millóns de euros ao ano, só para beneficio dos socios de Reganosa, entre os que está a Xunta de Galicia.

Esta instalación non é só un problema administrativo máis, a súa actividade representa un perigo real para o conxunto da poboación da contorna, e unha agresión continua ao ecosistema da ria, polo tanto o cesamento da súa actividade redundará na seguridade das persoas e do medio ambiente.

Por todo isto, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol (CCE) demanda a execución da sentenza. Grazas a esta sentenza, a partir de agora a Ría de Ferrol pode mirar un futuro moito mellor.

Ferrol a 19 de xullo de 2019

Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

Enviado por:
Comité Cidadan de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
19 de julho de 2019 14:27

__________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon