Charla de Lola Ferreiro: "As opresións patriarcais contra as mulleres e as súas consecuencias"
A Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra convídate a asistir a unha charla-coloquio con Lola Ferreiro Díaz, que tratará sobre “As opresións patriarcais contra as mulleres e as súas consecuencia”.
Celebrarase o 20 de novembro, mércores, no Ateneo ferrolán, ás 19 horas.
A nosa convidada, Lola Ferreiro Díaz, é activista feminista e catedrática de Procesos sanitarios. Forma parte do grupo Lúa Crecente de estudo e deseño de programas de Educación para a Saúde desde a perspectiva de xénero.
Esta actividade enmárcase na conmemoración do 25 de Novembro, Día Internacional para a Eliminación das Violencias contra as Mulleres.
Non faltes!
"As mulleres decidimos"
Coordenadora Local de Ferrolterra da
Marcha Mundial das Mulleres
➲ mmmferrolterra@gmail.com
⏩ www.feminismo.info
⏩ https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
⏩ twitter.com/MMMGaliza
Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
19 de novembro de 2019 10:09
__________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon