A vindeira Asemblea Veciñal e acto informativo terá lugar en Esteiro, no local da súa asociación veciñal, na rúa Fernando VI, Bloque 1, Baixo, o mércores 11 de decembro, ás 6 das tarde. Nesta asemblea falaremos dos recibos que teñen previsto pasar ao cobro a principios do ano que ven, da Sentenza que acaba de ditar o TSXG a favor de Socamex e que o goberno municipal non quere recorrer ao Tribunal Supremo e das propostas da Plataforma ao respecto.
En xaneiro e febreiro do vindeiro ano 2020, van comezar a chegar aos fogares un novo recibo, co único concepto de "Facturación Servizo Depuración", polo período xullo-Setembro 2015, un novo recibo por atrasos por un período no que non se prestaba o servizo.
A Plataforma chama a non pagar este recibo polos supostos atrasos de depuración das augas residuais que pretenden cobrar a principios de 2020, desta vez polo período que vai de 1 de xullo a 17 de setembro de 2015. Son 79 días, anteriores ao acordo plenario de suspensión da taxa, polo Pleno celebrado o 18 de setembro de 2015. Este período coincide, como os outros anteriores, nun período onde non se depuraba, non había persoal contratado, a enerxía eléctrica tampouco fora contratada, onde balsas e tanques estaban con fisuras e a maioría deles sen utilizar, o laboratorio sen estrear, e un baipás desviaba as augas residuais sen depurar deitándoas directamente ao mar. Foi unha inspección do goberno municipal acompañado de técnicos, realizada o 25 de agosto de 2015, os que constataron estes feitos e a fraude da depuración. Esta inspección quedou formulada nun relatorio do enxeñeiro municipal[1] e denunciado en comparecencia pública do goberno municipal os días 28 e 31 do mesmo mes de agosto de 2015.[2]
Á veciñanza de Ferrol queren-nos cobrar 31 meses máis que á de Narón (Máis de 7,1 millóns de euros), cando temos o mesmo sistema (Depuradora, emisarios, impulsora, interceptores, tanques de tormenta, ...) e a conexión real, da maioría dos fogares, foi o mesmo día, o 3 de abril de 2017. Son máis de 7,1 millóns máis os que nos queren cobrar, por unha depuración que non tivo lugar e por unha conexión que estaba sen establecer.
Ademais estes cobros están baseados nunha taxa inxusta, moi avultada, contastado por esta Plataforma e recoñecido polos propios concellos de Narón e Ferrol e dous estudos independentes (OTIMA[3] e EUDITA[4]). Polo estudo que fixo ACUAES, para os concellos de Narón e Ferrol, presentado en marzo deste ano[5]. Así como o ven constatar, os datos reais dun ano completo de funcionamento do sistema de saneamento e depuración, como foi 2018, nas contas que presenta Emafesa, onde os datos de consumo enerxético e caudal depurado en ano chuvioso, veñen ser un 20% menos que o estimado en 2014, para o cálculo do prezo da taxa.
A Platafroma está preparando un modelo de recurso para presentar coa devolución do recibo. Ademais vai iniciar accións, directa ou indirectamente, ante diferentes organismos de control das administracións (Valedora do Pobo; Comisión Nacional dos Mercados da Competencia; Consello de Contas de Galicia; Oficina Independente de Regulación e Supervisión da Contratación; ...) e organizacións de consumidoras e consumidores (Facua e Acouga).
#ESTEIRO
#EMAFESACENPORCENPUBLICA
Notas.-
[1] Informe do Enxeñeiro Municipal despois da inspección ao Edar de Cabo Prioriño do 25 de agosto de 2015. | Carencia de Depuración das Augas Residuais que saen da estación depuradora - | Ir ao Documento.
[2] Web do Concello de Ferrol - venres, 28 de agosto de 2015. | O Goberno local de Ferrol destapa unha fraude a veciñanza na EDAR de Prioriño, onde non se depurou integramente nin un metro de agua desde 2014. | Ir á Web. | Web do Concello de Ferrol - luns, 31 de agosto de 2015. | O Goberno de Ferrol chegará ata o final na exixencia de responsabilidades a Urbaser polo engano na EDAR. | Ir á Web.
[3] DOC - 15/02/2018 | Estudo de Custes de explotación sistema saneamento que o Concello de Narón encargou á empresa OTIMA. O Estudo está asinado o 15 de febreiro deste ano 2018. Vai unha pequena introdución a modo e explicación e o obxecto e alcance do Estudo, centrado principalmente nos custes eléctricos e caudais a depurar. Pode-se acceder ao mesmo, nun ficheiro de 196 páxinas formato pdf. | Acceder.
[4] DOC - 09/04/2018 | "Estudo de Custes do sistema de Depuracuión de Augas Residuais do Concello de Ferrol para a modificación da Taxa de Depuración". | En cargado polo Concello de Ferrol a Eudita mediante un contrato menor o 21 de decembro de 2017. | 26 páxinas en formato pdf. | Acceder/Baixar.
[5] La Voz de Galicia - Rocío Pita Parada - Ferrol 22/03/2019 05:00 h | La gestión integral del saneamiento de Ferrol reduciría un 21 % los costes. El gobierno local encargó un informe a Acuaes que cifra en 3,6 millones de euros la tarifa anual. | Ir á Web. || Diario de Ferrol - | Acuaes ofrece ventajas sobre Emafesa en cuanto a gestión del saneamiento. La reducción de costes podría implicar, asimismo, una rebaja en la tasa que abonan los administrados. | Ir á Web.
PLATAFORMA NA DEFENSA
DOS SERVIZOS PÚBLICOS,
POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
Correo-e: remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
Web: https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
Facebook: @RemunicipalizarFerrol | Twitter: @municipalizarFT
---
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon