Ante a entrada na Ría dun novo buque gaseiro, para descargar en Reganosa, está convocada unha nova acción de protesta en Ferrol, na Praza Amada Garcia (Diante do Edificio Administrativo das Xunta de Galicia).
CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
MÉRCORES 18 DE DECEMBRO, ÁS 7 DA TARDE
NA PRAZA AMADA GARCIA
(DIANTE DO EDIFICIO DA XUNTA)
MÉRCORES 18 DE DECEMBRO, ÁS 7 DA TARDE
NA PRAZA AMADA GARCIA
(DIANTE DO EDIFICIO DA XUNTA)
O buque gaseiro, ten previsto descargar en Reganosa, miles de toneladas de gas natural licuado. Este buque fai o número 261 que entra na Ría de Ferrol cargado con GNL. Mentres se produza a descarga no pantalán de Punta Promontoiro (Mugardos), perante 24 horas, aumentará de xeito exponencial, o xa de por si perigo que ten a Planta de Gas, instalada no corazón da nosa Ría. Un potencial perigo, para todas as persoas que moramos na súa contorna.
Concentración diante do edificio da Xunta en Ferrol
O Comité Cidadán convoca a participar na acción de protesta, deste mércores 18 de decembro, que quere poñer, unha vez máis, ao descuberto a corrupción política e económica que subxace en todo este despropósito, despois de cinco sentenzas do Tribunal Supremo en contra da Planta de Gas, e está última ditada en xullo deste ano, onde tumba a resolución do anterior Goberno Español de Mariano Rajoy, dun partido corrupto até o espiñazo, que eximiu a Reganosa de ter que someter-se a avaliación ambiental, intentando chulear deste xeito as sentenzas condenatorias que declaran ilegal, á perigosa planta regasificadora.
A sentenza núm. 1075/2019 do Tribunal Supremo, de 16 de xullo de 2019, anulou o Acordo do Consello de Ministros de 27 de maio de 2016 polo que se declaraban excluídos do trámite de avaliación de impacto ambiental aos proxectos da planta de recepción, almacenamento e regasificación de gas natural licuado en Mugardos [Sentenza].
O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA
NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E
ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
Información baseada na enviada por:
Comite Cidadan de Emerxencia
-comitecidadan gmail.com-
15 de dezembro de 2019 22:41
_______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon