En Ferrol, como noutras cidades da Galiza, concentración o 19 decembro, perante a emerxencia lingüística, ás 8 da tarde, na Praza Amada Garcia, convocada pola plataforma Queremos Galego!
Manifesto Concentracións 19 decembro
Perante a emerxencia lingüística Precisamos do galego!
Hai dez anos mais de 600 entidades sociais de todo tipo xuntabámonos arredor da plataforma cidadá Queremos galego para denunciar a exclusión do galego da vida social, económica, cultural, mais tamén da educativa co decreto mal chamado de plurilingüismo, que extendía o veto sobre a nosa lingua a todas as etapas do ensino infantil e do obrigatorio, prohibíndoo por primeira vez na historia democrática para as materias da área científico técnica e impedindo calquera posibilidade de avance como lingua vehicular de todo o ensino.
A política contra o galego representada por este decreto xa está a dar resultado. Por primeira vez na historia da lingua galega un de cada catro menores de 15 anos xa son incapaces de falalo.
A exclusión do galego na administración, na xustiza, nas actividades socioeconómicas é evidente. Non é un problema de demanda. É simplesmente, que nos negan toda oferta que permita o exercicio pleno dos dereitos lingüísticos que son os dereitos humanos que ampara a Carta europea das linguas rexionais ou minorizadas.
A mobilización da sociedade a través de Queremos Galego mantivo viva a reivindicación da lingua e a denuncia a nível nacional e internacional das agresións constantes ao noso idioma por quen ten a obriga legal e moral de defendelo.
Froito destas denuncias perfectamente documentadas nos informes elaborados pola Mesa pola Normalización Lingüística, o Consello de Europa a través do Comité de ministros xa deu indicacións claras aos gobernos español e galego para que garantan o cumprimento da Carta europea de linguas rexionais e minorizadas, tratado internacional ratificado polo Estado español en 2001.
Galiza estáen emerxencia lingüística. A Xunta de Galiza e o goberno español teñen obrigas que cumprir. Non o dicimos só na plataforma cidadá Queremos Galego, dío tamén o Consello de Europa exercendo a súa función de protección da democracia e os dereitos humanos. O DOG debe promover e protexer o galego e o BOE debe deixar de atacar a a realidade plurilingüe e comezar a recoñecela sen restricións.
A emerxencia lingüística en Galiza ten solución. Precisamos do galego para activar todas as nosas capacidades como pobo mais tamén compromiso real e efectivo dos governos, a comezar por quen está obrigado legal e moralmente, o noso, o da Xunta.
https://www.queremosgalego.gal/
Enviado por:
Queremos Galego
-plataforma@queremosgalego.gal-
19 de dezembro de 2019 12:3
_____________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon