venres, decembro 20, 2019

Este domingo 22 de decembro, ás 12 do mediodía, inaugura-se, en Cedeira, a Praza 18 de Decembro (de 1936) en memoria das asasinadas e represaliadas polo fascismo - Reportaxen fotográfico do acto celebrado o pasdo 18 no Castelo de San Felipe de Ferrol


Domingo 22 en Cedeira inaugura a Praza 18 de Decembro (de 1936)


Este Domingo, 22 de Decembro, ás 12 hs, terá lugar en Cedeira a inauguración do panel informativo que dará o nome de PRAZA DO 18 DE DECEMBRO a antiga Praza dos Cabalos.

O pasado 29 de Novembro en Sesión Plenaria do Concello de Cedeira foi aprobada por unanimidade unha Moción presentada pola Sección Local da Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, propoñendo nomear como PRAZA 18 DE DECEMBRO a coñecida como Praza dos Cabalos.

Moción presentada en presenza de Juan Antonio Fernández Rodríguez, fillo do derradeiro Alcalde da República, Manuel Fernández Freijeiro, lérona a súa neta Teresa Fernández e Vicente Loureiro, membros da Asociación.

A Moción, en recoñecemento aos 13 veciños de Cedeira e un de Cabanas asasinados,  o 18 de Decembro de 1936, no Castelo de San Felipe,  presentouse ao amparo da Lei 52/2007 que establece medidas en favor de quen padeceron persecución e represión durante a Guerra Civil e a Ditadura.

Representan tamén a un total de 39 veciños e veciñas de Cedeira que pagaron coa súa vida o seu compromiso democrático e a moitos e moitas máis que o fixeron con cárcere, torturas, usurpación dos seus bens, perda do seu modo de vida, e marxinación social, e que foron implacablemente castigados e castigadas con crueldade inusitada así como a todos os membros das súas familias.

Texto completo da Moción. | Acceder/Baixar.


Reportaxen fotográfico do acto celebrado o pasdo 18 no Castelo de San Felipe de Ferrol

O 18 de Decembro de 1936, no Castelo de San Felipe foron executados 13 veciños de Cedeira e un de Cabanas, condenados pola súa defensa dos principios democráticos e de progreso e por negarse a secundar un golpe militar contra o gobernó republicano legalmente elexido por vontade popular.

O 18 de decembro de 2019, a Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática coa veciñanza de Cedeira e Ferrol a que agradecemos a súa participación, conmemoramos o 83 aniversario deste triste suceso, realizando unha sinxela homenaxe e ofrenda floral, que comezou ás 10 da mañá fronte ao Instituto de Canido (Antigo Cemiterio de Ferrol) percorrendo posteriormente, por medios propios, o Castelo de San Felipe e o Cemiterio de Serantes.

Foron lembrados neste acto, ademais dos cedeireses fusilados en San Felipe e soterrados en Serantes, os paseados en Canido e alí sepultados.

Deuse lectura aos nomes que a continuación se reseñan, leeuse un poema de Antom Labranha e interviron Manuel Fernández Pita, Enrique Barrera e José Luis Vergara, Presidente e directivos da A.C. Memoria Histórica Democrática e o Alcalde de Cedeira Pablo Moreda.

Álbum fotográfico. | Acceder/Baixar.
--

en facebook:Memoria Historica Democratica
en twitter: Memoria Ferrol  @memoriaferrol

Enviado por:
Memoria Histórica Democrática
-memoriahistoricademocratica@gmail.com-
19 de dezembro de 2019 09:53

__________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon