venres, decembro 20, 2019

XXVI Xornadas da Gaita 'Antón Varela (Tonecho)', no Ateneo Ferrolán. 20 de decembro ás 8 da tarde


XXVI Xornadas da Gaita "Antón Varela (Tonecho)" Ateneo Ferrolán

20 de decembro de 2019 ás 20 h.
Actuación de RAPARIGOS.
Coordinador das Xornadas Marcos García

XORNADAS DA GAITA
Comezadas no ano 1983
A celebrar en decembro no Ateneo Ferrolán

O Ateneo Ferrolán dentro das súas actividades de promoción da música galega ven propiciando e celebrando, case continuo, unhas Xornadas de Gaita, como un lugar de encontro para grupos ou xentes que utilizan a gaita como un dos instrumentos básicos nas súas actuacións e composicións.

Pois ben, logo dun tempo retomamos estas Xornadas renomeando-las como Xornadas da Gaita "Antón Varela (Tonecho)" en homenaxe a Tonecho que foi o coordinador dende os seus inicios e contamos cos parabéns da súa filla Erika e do novo coordinador das mesmas Marcos García.

Unha das súas características específicas é a participación de grupos de música folk galega, xunto con algún autor ou grupo invitado de fora de Galicia pero, que teñan tamén na súa estrutura de acompañamento a gaita como un elemento indispensable, servindo así de contraste e comparación da nosa música coa doutras culturas e músicas afíns.

Entre outros e durante vinte e cinco anos pasaron polo ATENEO FERROLÁN entre outros:

IVÁN COSTA
BAILA NA CRIBA
CARLOS ZAERA E OSCAR IBAÑEZ
JEAN CRISTOPHE MAILLARD
RAPARIGOS
XEREMIERS DE CALATRABA (Mallorca)
GRUPO UNIVERSIDADE POPULAR DE VIGO
FUXAN OS VENTOS
A MUSGAÑA ( Asturias)
ALFOLIES
JOHN & FRANCES
CARLOS NUÑEZ
DAVID SPILLANE AND BAND (Inlgés e rumano)
ANXO PINTOS
DÚO BERTRAND
PATRIC MOLARD (Breton)
MILLADORIO
PEC – TONI
JOSÉ FERREIRÓS
MARIE LE CAM - Gaiteira Solista Bretona (Gaita Escocesa)
GRUPO FOLK “VERIA”
TRIO "3 DAS CÓXEGAS"
LUVAS VERDES
BANDA DE GAITAS AGARIMO
RONCOS DO DIABO (Portugal)
TRÍO VAAMONDE, LAMAS & ROMERO
AIRINHOS DEL CAMPITO
BERROS DO CASTRO
DÚO DE ZANFONAS «SOBRE RODAS»

#AteneoFerrolán

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
19 de dezembro de 2019 13:19

__________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon