venres, febreiro 07, 2020

Terceira semana de mesas-info polos barrios de Ferrol - Do 10 ao 14 de febreiro - Para informar sobre a devolución do recibo da 'depuración das augas residuais', do período onde non se prestaba o servizo e da presentación do recurso no rexistro xeral do Concello


MESAS INFO DA SEMANA DO 10 AO 14 DE FEBREIRO

Para informar sobre a devolución do recibo da 'depuración das augas residuais', do período onde non se prestaba o servizo e da presentación do recurso no rexistro xeral do Concello

Por ser moitas as persoas que se achegan ás mesas-info interesando-se polos recursos e demandando información, a Plataforma volve unha semana máis, coa campaña de difusión do Recurso contra o pago da "Taxa de Depuración das Augas Residuais" do período onde non se prestaba o servizo, con mesas informativas que se instalarán ademais dos barrios ferroláns de Caranza, Recimil e a Madalena, desta vez tamén nos de Canido e San Xoán-Bertón.


Este é o novo calendario de mesas informativas para a semana que entra:

💧 Luns 10 de febreiro, en Canido, na Praza Pública, do cruce entre a Rúa Alegre e a Doutor Sixto Seco.

💧 Martes 11, en Caranza, diante do Centro Cívico.

💧 Mércores 12, en San Xoán- O Bertón, na zona de Faxardo, entre o cruce da Estrada de Castela e a rúa Colombia.

💧Xoves 13, en Recimil, diante do edificio da Xunta, na Praza Amada Garcia.

💧Venres 14, na Madalena (Ferrol Centro), na rúa María, detrás do Concello.

Todos os días desde as 10:30 a 12:30 horas.

Modelo de Recurso. | Acceder/Baixar.


Non pagar, ou devolver se está domiciliado, e presentar no Rexistro Xeral do Concello


Desde o pasado 24 de xaneiro, a Plataforma leva poñendo mesas-info polos diferentes barrios de Ferrol ademais de difundir nas redes sociais a campaña e o texto do Recurso que se deberá presentar no Rexistro Xeral do Concello, ao mesmo tempo que non se fai efectivo o recibo e mesmo se este está domiciliado, notificar ao banco a decisión de non pagar, por non estar conforme, e pedir a súa devolución, tamén se pode facer a través da banca online, ou banca activa.


Hai 8 semanas para devolver, no banco, un recibo domiciliado


Para a devolución dos recibos domiciliados, a Lei prevé que hai 8 semanas de prazo, para notificar á entidade bancaria esa vontade de devolución desde o día que foi cargado (Artigos 48 e 49 do Real Decreto-lei 19/2018, de servizos de pago e outras medidas urxentes en materia financeira).


Para facer-se cun modelo de recurso


Modelo de Recurso. | Acceder/Baixar.

#emafesacenporcenpublica
#emafesa

PLATAFORMA NA DEFENSA
DOS SERVIZOS PÚBLICOS,
POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
Correo-e: remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
Web: https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
Facebook: @RemunicipalizarFerrol   |  Twitter: @municipalizarFT

________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon