Comunicado conxunto dos grupos municipais do Concello de Ferrol
Hoxe, 8 de abril do 2020, reuniuse de forma telemática a Xunta de Voceiros do Concello de Ferrol, presidida polo alcalde, Ángel Mato Escalona, e coa participación dos portavoces dos grupos municipais do PSdeG-PSOE, Julián Reina Villalón; do Partido Popular, José Manuel Rey Varela; de Ferrol en Común, Jorge Suárez Fernández, e do Bloque Nacionalista Galego, Iván Rivas Rico, á que se uniu tamén con carácter extraordinario a concelleira delegada de Economía, Facenda e Patrimonio, Recursos Humanos, Emprego, Promoción Económica, Turismo, Estatística e Edusi, María Teresa Deus Trasobares.
Durante o encontro, todos os participantes reiteraron a súa vontade de dar pasos en común para que o Concello de Ferrol continúe cos plans destinados a paliar os efectos da crise ocasionada polo COVID-19, elevada pola Organización Mundial da Saúde a pandemia internacional o pasado 11 de marzo, tanto no plano económico coma no social.
Nese senso, os grupos municipais mostraron o seu apoio ás medidas xa implementadas polo goberno local e achegaron novas contribucións.
A reunión serviu para avanzar nun proxecto de axudas aos sectores económicos da cidade máis afectados pola suspensión das actividades non imprescindibles, ao que se destinarían -inicialmente e contemplando a posibilidade de amplialas- dous millóns esde euros procedentes dos remanentes de tesourería do Concello, ademais de para pormenorizar e analizar as medidas contempladas no novo calendario fiscal.
Tamén serviu para avanzar nun primeiro paquete de medidas sociais proposto por todos os grupos que contará cun investimento inicial de 700.000 euros. O alcalde deu conta de todas as iniciativas que o goberno local puxo en marcha durante as últimas semanas e acordou cos grupos municipais o reforzo urxente da área de Benestar do Concello mediante a incorporación de tres traballadores sociais e tres auxiliares administrativos durante o período máximo que permita a lei en circunstancias como as actuais, co obxectivo reforzar a atención ás persoas que se atopen en situación de vulnerabilidade, axilizar as axudas que se veñen concedendo nas últimas semanas e avanzar na tramitación dos asuntos pendentes pola suspensión dos prazos.
Por último, tamén resolveron seguir mantendo encontros periódicos co fin de posibilitar o consenso de toda a corporación municipal de cara a que un pleno extraordinario poida aprobar por unanimidade as medidas acordadas no marco da Xunta de Voceiros.
Concello de Ferrol | Casa do Concello - Praza de Armas, s/n. - 15402 Ferrol | Tlf. 981 944 000 | https://www.ferrol.gal/
---
#Remunicipalización
#Emafesa
#EMAFESACENPORCENPUBLICA
PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS,
POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
Correo-e: remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
Web: https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
Facebook: @RemunicipalizarFerrol | Twitter: @municipalizarFT
_______ _______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon