martes, novembro 10, 2020

Na Galiza en galego para seguir sendo galegos - Tanto monta, monta tanto, Isabel como Feijóo - Por André Abeledo Fernández

 


Por André Abeledo Fernández [*]
10.11.2020


Na Galiza en galego para seguir sendo galegos


Decio que o castelán está en perigo na Galiza é mentira, é faltar ao respecto ao pobo galego insultando a nosa intelixencia.

Vivimos nunha sociedade onde o castelán ocupa case todo o espazo, todas as canles de televisión menos a TVG falan en castelán, todos os xornais están escritos en castelán, os cartazes dos supermercados, os programas de radio, os videoxogos, o castelán segue a estar nunha situación de vantaxe na Galiza.

Canto medo ten o fascismo ao noso idioma, ao galego, ao catalán ou ao éuscara. Que medo teñen a igualdade e a diversidade.

O galego era a lingua máis importante da Península no século XIII. Levamos oito séculos de resistencia heroica en defensa do noso idioma.

Todos os idiomas son patrimonio da humanidade, son un tesouro que nos enriquece, non hai idiomas de primeira e de segunda categoría.

Por desgraza o PP goberna en Galiza, pero realmente só utiliza o galego como enfeite e para gañar eleccións.

Porque na práctica traballa contra o galego e non fai nada para protexer o galego e impedir que nun par de xeracións este en perigo de extinción.

O Comité de Expertos do Consello de Europa afeou la política lingüística da Xunta por incumprir e entrar en contradición cos compromisos da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias, a que Galiza sumouse en 2001. O cuarto informe sobre o cumprimento do acordo internacional censura o decreto del plurilingüismo, que regula o uso do galego na ensinanza e que Feijóo trouxo baixo o brazo cando chegou a San Caetano tras arremeter contra a normativa do bipartito.

Segundo o Consello de Europa, o decreto está "claramente en contradición" cos compromisos do acordo, ao reducir o peso da lingua galega ate un máximo dun terzo do horario lectivo, o que contrasta co compromiso de elevala ate ser o idioma "predominante" no sistema educativo.

Respecto ao estado da lingua, o informe indica un "bo ou moi bo" nivel de coñecemento, dado que o 95 por cento dos cidadáns entenden o galego, un 89 por cento o fala, un 83 por cento o lee e un 58 por cento o escribe.

O informe europeo tamén denuncia as carencias por mor das políticas tanto da Xunta de Galiza, como do menosprezo das instrucións dependentes do Goberno Central cara o idioma da Galiza.

No ámbito xudicial, teñen detectado carencias no uso do galego, instando as administracións españolas e galegas a introducir os cambios lexislativos necesarios para permitir o desenrolo dos procesos en galego.

Tamén detectaron situacións nas que a Administración do Estado rexeitou documentos redactados en galego citando o caso dos estudantes que presentaron os seus certificados no noso idioma.

Ou unha "inadecuada proporción" de textos e formularios a disposición en idioma galego.

O Comité de Expertos incide, ademais, na necesidade de potenciar as posibilidades aos falantes en lingua galega de ser atendidos no su propio idioma na administración sanitaria.

Desgraciadamente ante estas reclamacións europeas de respecto e cuidado do idioma galego, atopamos que temos o agonío na casa e aos mandos do goberno da Xunta.

Galiza é unha nación e un pobo con unha identidade de seu, temos unha cultura, unha historia e un idioma propios, estas características nos fan galegos.

O noso idioma forma parte fundamental da nosa identidade, o galego foi sempre o idioma da clase traballadora galega, foi lingua de resistencia, e continua resistindo en condicións moi difíciles.

Debemos seguir sendo, para ser precisamos do noso idioma, falar galego nos fai galegos, protexer o noso idioma, a nosa cultura e lembrar a nosa historia, nos fai galegos.


Tanto monta, monta tanto, Isabel como Feijóo

Feijóo un Ayuso con mellores formas pero co mesmo fondo.

Feijóo fala de salvar a campaña do Natal, cando o que hai que salvar son vidas, cando o que precisamos é salvar a sanidade pública. Feijóo fala de economía cando falamos de vida.

Galiza conta con vantaxes a hora de loitar contra o COVID-19, a máis importante é a dispersión da poboación e unha certa disciplina case xenética de gran parte da poboación.

O pobo galego sempre estivo moi por enriba do seu goberno en momentos de crise.

Núñez Feixoo e Díaz Ayuso traballan xuntos a hora de entorpecer. As persoas que na esfera da dereita ou da esquerda agora se sorprenden pola negativa do mandatario galego a confinar Madrid ou polo seu apoio fechado á postura da presidenta madrileña non deben esquecer que Feixoo é un dos dirixentes do PP máis próximos a Ayuso.

Defendeu manter aberto Madrid, malia que as vagas de residentes desa comunidade operaron como o principal factor de expansión do virus na Galiza.

Feixoo expresou as súas dúbidas sobre as restricións que formulou o Goberno do Estado, distanciándose doutros dirixentes territoriais do seu partido e ficando outra vez só a carón da presidenta madrileña.

Defenden o mesmo modelo privatizador da sanidade pública e poñen a economía por diante da vida.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de Persoal da CIG en Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.

Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
7 de novembro de 2020 13:36
7 de novembro de 2020 15:25

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon