mércores, novembro 11, 2020

O camiño a casa - Respira a Vida - Como a contaminación do aire afecta ao teu corpo - Adega convida a visonar estas curtas da OMS, por unha mobilidade sostíbel


Desde a delegación de Adega de Ferrolterra, achegamos tres enlaces que se corresponden a tres vídeos feitos pola OMS, que tratan de porque debemos deixar os carros particulares aparcados na casa e mover-nos sempre que poidamos, por medios non contaminantes ou pouco contaminantes, como o tren e o autocarro. Son vídeos cortos moi interesantes e pedagóxicos e desde a delegación pedimos-vos, que lle dediquedes uns poucos minutos a velos.

O camiño a casa
17 de outubro, de 2016

Nove de cada dez acodes respiran un aire insalubre. A contaminación do aire é un asasino invisíbel que pode estar axexando, por exemplo, no camiño de volta a casa e ate nos nosos fogares.


https://www.youtube.com/watch?v=XYLCH-Oi8FE

Respira a Vida
3 de outubro, de 2016

Cal é a causa de 1 de cada 9 mortes? Que afecta a máis do 80% da poboación urbana, pero adoita ser invisíbel?

A Organización Mundial da Saúde (OMS) e a Coalición do Clima e Aire Limpo para Reducir os Contaminantes do Clima de Curta Vida (CCAC) uniron-se nunha campaña de sensibilización internacional chamada Respira a vida. A campaña centra-se en aumentar a conciencia sobre a contaminación do aire como unha ameaza tanto para a saúde pública como para o clima.


https://www.youtube.com/watch?v=Yq7sUVeZ3vk

Como a contaminación do aire afecta ao teu corpo
13 de marzo, de 2018

A contaminación do aire é unha ameaza invisíbel que axexa á nosa contorna, afectando a mozas e maiores. Aprende como ataca e se desliza silenciosamente máis aló das defensas do noso corpo, causando mortes por ataque cardíaco, derrames cerebrais, enfermidades pulmonares e cancro. Axuda a respirar vida de novo nas nosas cidades e a tomar medidas para protexer nosa saúde e o noso clima.


https://www.youtube.com/watch?v=vdhDnYdBDhQ

Canle da OMS: World Health Organization (WHO).

Axuda a devolver unha vida respirábel ás nosas cidades e actúa para protexer nosa saúde e o noso clima a través de:

http://BreatheLife2030.org

Sen máis recibe unha fonda aperta ecoloxista.

Ferrol, 9 de novembro, de 2020

Miguel Anjo González Garcia
Secretario Adega-Ferrolterra


Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
Delegación de Ferrolterra
Apartado de correos 481;
15480 Ferrol, (A Coruña).
Correo: adegatrasancos@adega.gal
Páxina electrónica: www.adega.info


Enviado por
adegatrasancos@adega.gal
-adegatrasancos@adega.gal-
9 de novembro de 2020 16:51

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon