martes, novembro 24, 2020

O Círculo de Podemos en Ferrol rexistra unha moción para non 'dar un paso atrás' na loita contra as violencias machistas


✔ A responsable de feminismos da agrupación local de Podemos, Susana Alaniz, afirma que é importante seguir avanzando para evitar que a COVID 19 supoña un retroceso dos dereitos das mulleres.

✔ Esta moción se enmarca nas actividades reivindicativas que realizará a formación morada con motivo do 25N e que se celebrarán de maneira telemática.


O Círculo de Podemos en Ferrol vén de rexistrar unha moción para non “dar un paso atrás” na loita contra as violencias machistas.

Segundo indica a responsable de feminismos da agrupación local, Susana Alaniz, “a dimensión da crise da COVID19 é tal que está a agochar outras realidades de persoas vulnerables, como pode ser o caso das mulleres que sofren as violencias machista”. Por isto, Podemos presenta unha moción para sinalar esta situación, que segundo indica Susana Alinizpode supoñer un retroceso nos dereitos que as mulleres acadaron en tantos anos de loita”.

A moción recolle situacións concretas que están vivindo as mulleres desde que comezou a pandemia como poden ser “retrasos administrativos, problemas de conciliación, ou situacións que afectan aos dereitos reprodutivos das mulleres e que están a denunciar dende colectivos como Embarazadas de Galicia ou a Asociación Galega de Matronas (AGAM) nas que se chega a separar á nai e bebé durante o postparto”.

Dende o Círculo Podemos Ferrol pensamos que a mellor maneira de non retroceder é a de consolidar os avances, por iso incluímos reivindicacións recorrentes do feminismo, como poden ser a creación de xulgados especializados en violencias contra as mulleres, coa creación de plans que faciliten a conciliación e a creación de axudas específicas para a crise que estamos atravesando, ademais das demandas xa trasladadas pola Asociación Galega de Matronas” continúa Susana Alaniz.

O Círculo de Podemos pide que este 25N atípico o Concello de Ferrol se implique e poña todos os recursos para visibilizar a realidade das mulleres que sofren violencia e as distintas opresións que viven as mulleres polo feito de selo e reafirme o seu compromiso coa igualdade real entre homes e mulleres.

Ferrol, a 24 de novembro de 2020.

Departamento de Comunicación
Ana Guzmán
Podemos Ferrol

ferrol@circulospodemos.info

@PodemosFerrolOficial

Enviado por:
Podemos Ferrol
-ferrol@circulospodemos.info-
24 de novembro de 2020 13:05

_______









Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon