O 16 de Outubro foi o día mundial da alimentación, desde a delegación comarcal de Adega achegamos unha análise para a reflexión e a acción, na data sinalada, centrandonos no desperdicio de alimentos, algo que alcanza unhas dimensions terribeis. Achegamos dous enlaces con dous vídeos sobre temática da efeméride, moi interesantes e didáticos. Desde ADEGA pretendemos deste xeito intentar crear conciencia ambientalista, nun maior número de persoas na nosa sociedade.
Sen máis recibe unha fonda aperta ecoloxista.
Miguel Anjo González Garcia
Secretario Adega-Ferrolterra
DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN
Este 16-O celebrase o día mundial da alimentación e desde ADEGA-FERROLTERRA, queriamos aproveitar para facer unha chamada de atención, no referido ao grave problema que supón o desperdicio de alimentos, que se produce en xeral, en todo o planeta. Nos próximos anos vai haber un aumento da demanda de alimentos, sobre todo polo crecemento da poboación, mais nun contexto onde o sistema de alimentación está fundamentado no agro-negocio, o cal está acabando coa fertilidade das terras, xunto co cambio climático (responsábel moi importante o Agro-negocio), todo isto vai ter consecuencia na diminución e aumento dos períodos de seca que con certeza vai producir que nunha agricultura, a cal, o 80% depende da irrigación por choiva, estea esta, nun futuro, en serios problemas, para seguir producindo alimentos. Ademais esta auga, na maioría dos países, destinase e secuestrase, para as grandes industrias, reducindo a auga das pequenas explotacións e do consumo humano. Con esta diminución dos recursos, xunto coa competencia producida polo cambio climático, por estes recursos, vai facer que se siga depredando o medio ambiente, tendo graves consecuencias, na seguridade alimentaria e nos medios de vida, de millóns de persoas en todo o planeta.
O desperdicio de alimentos supón o 30% dos alimentos producidos. Esta perdida prodúcese en todos os países e en todas as fases da vida dos alimentos. No referido ao consumidor, é máis agudizado nos países desenvolvidos (90-120kg por persoa- ano) que nos países en vías de desenvolvemento (8-15Kg por persoa- ano). Isto ven a supor, perto de mil cincocentos millóns de Tm de comida. No estado español tirase perto de 8Tm de comida ao ano segundo OCU (Espanha).
Cabe sinalar, que o sistema económico é tamén moi responsábel desta perdida, xa que produce o rexeite de moitos alimentos, se non cumpren por exemplo uns determinados requisitos estéticos, ademais de facer da alimentación humana, o principal negocio lucrativo do planeta.
O DESPERDICIO DE ALIMENTOS TEN CONSECUENCIAS COMO:
1. Consumo de recursos: Os alimentos desde a súa produción-almacenamento- distribución- venta e consumo, consumen recursos de todo tipo, sen que ao final o alimento cumpra a súa función.
2. Ten efectos sobre o medio ambiente: Produce-se unha perdida de habitats quer terrestres quer mariños, sen que estes alimentos cheguen a ás persoas. A perdida de alimentos é tan grande no planeta, que supón perto do 30% das terras cultivadas. Ademais supón perto de 3.3 Gtm de gases de efecto invernadoiro ao ano.
3. Favorece as desigualdades: quer nos países en desenvolvemento quer nos países desenvolvidos. Nos primeiros en forma de menor soberanía alimentaria, máis fame, máis inseguridade alimentaria, máis pobreza extrema, maior diminución de ingresos e nos segundos, en forma de sobre-peso, problemas crónicos asociados a dieta etcétera.
4. Custes económicos: Perto de 700 mil millóns de $ en custes medio ambientais relacionados co cambio climático (deforestación, perdida de biodiversidade, etcétera). Perto do billón de $ en contaminación con agro-tóxicos. Custes non contábeis como por exemplo, os peixes que se descartan, a subida do prezo dos alimentos por este dispendio etcétera.
DESDE ADEGA-FERROLTERRA SOLICITAMOS:
Un cambio de paradigma no que atinxe a alimentación das persoas, onde se volva aos tempos do pasado inmediato, onde eran as pequenas produtoras as que alimentaban as cidades, as que alimentaban ao planeta. Apostar polos mercados de produtos locais e de proximidade, xunto co apoio para as tendas de produtos producidos de maneira sustentábeis, incluso subvencionado estes produtos, para que non haxa na sociedade desigualdades tamén no referente a alimentación, onde unhas parte da cidadanía teñan acceso pola súa situación económica aos alimentos de verdade e outra parte da cidadanía teñan que ir aos alimentos de peor calidade, pola súa situación económica. Cabe sinalar que perto do 90% das novas enfermidades, son producidas polo que comemos.
Máis no referente á perdida de alimentos, nós como consumidoras:
• Favorecer as compras a granel. Deste xeito compramos as cantidades necesarias.
• Escapar das ofertas, sobre todo as de 2x1. Polo xeral, as datas de caducidade do alimento están moi próximas.
• Facer a planificación das comidas como moi lonxe dunha semana.
• Conxelar os alimentos sobrantes.
• Reutilizar eses alimentos para facer outras comidas.
• Mercar aquilo que imos consumir.
• Esixir o etiquetado visíbel e claro, das datas de caducidade dos alimentos.
BIBLIOGRAFÍA:
• OCU (ESPANHA).
• FAO (Organización de Nacións Unidas para a Alimentación e aAagricultura).
Heroínas da Alimentación
O mundo está cheo de persoas heroínas da alimentación, desde agricultoras, xornaleiras, obreiras, ate condutoras, dependentas, praceiras, representantes de goberno ou voluntariado solidario, ..., aquelas persoas que malia desafíos distintos, como a actual pandemia de COVID-19, traballan duro para garantir que os alimentos cheguen das granxas ás nosas mesas. Celebremos os seus grandes esforzos este Día Mundial da Alimentación.
Día Mundial da Alimentación 2020 - Covid-19
Música: INFINITE-14667 | Artista: Julien Glabs, SACEM | JUST 160 Orchestral Ostinati and Arpeggios 2
Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
Delegación de Ferrolterra
Apartado de correos 481;
15480 Ferrol, (A Coruña).
Correo: adegatrasancos@adega.gal
Páxina electrónica: www.adega.info
Enviado por:
Adega Trasancos
-adegatrasancos@adega.gal-
2 de novembro de 2020 08:45
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon