sábado, decembro 12, 2020

A Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática de Ferrolterra, propón un Centro de Interpretación da Memoria Histórica, en dependencias do Castelo de San Felipe que poida mostrar pedagoxicamente a mecánica represiva da ditadura franquista



A Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática de Ferrolterra, mostra a súa satisfacción coas intervencións do Concello de Ferrol no Castelo de San Felipe, tendentes a seguir avanzando na posta en valor deste monumento arquitectónico, e ao mesmo tempo, desde a Asociación, queremos expresar o noso desexo de, nesta liña, incluír a nosa proposta de situar, no que foron os calabozos do Castelo, un Centro de Interpretación da Memoria Histórica, que poida mostrar pedagoxicamente a mecánica represiva da ditadura franquista, e ao mesmo tempo sirva de homenaxe ás 907 persoas de Ferrolterra, Eume e Ortegal que foron asasinados, e cuxos datos persoais constan nos Arquivos da nosa Asociación.

A Unión Europea, a través do programa Europa cos cidadáns, achegaría a maior parte do financiamento deste proxecto, de modesta contía, que xa foi presentado ao anterior Goberno Local en 2015, aprobado en Pleno en 2017, e novamente explicado ao actual Alcalde en 2019.

En reforzo da nosa demanda, actúa igualmente a inminente aprobación da nova Lei de Memoria Histórica, que defende, entre outras iniciativas, non só un rexeitamento máis enérxico da ditadura franquista, senón a necesidade de que todos os escolares sexan conscientes das graves consecuencias que supuxo para España, en todas as súas ordes.

Proposta de Proxecto de Centro de Interpretación da Memoria Histórica

Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática

--
Visita as nosas páxinas web:
www.memoriahistoricademocratica.org
http://memoriahistoricademocratica.wordpress.com
en facebook:Memoria Historica Democratica
en twitter: Memoria Ferrol @memoriaferrol

Enviado por:
Memoria Histórica Democrática
-memoriahistoricademocratica@gmail.com-
8 de dezembro de 2020 21:24

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon