xoves, xaneiro 21, 2021

As pensións públicas están ameazadas por un proxecto privatizador e é nese contexto onde se quere preparar á poboación cunha visión sesgada da realidade das pensións - Unidade Coespe manifesta o seu malestar ante a visión deformada da situación das pensionistas nun programa de alta difusión da RTVE


O movemento social en defensa das pensións públicas UNIDADE COESPE manifesta o seu malestar ante a visión deformada do pensionista medio que se lanzou á opinión pública a pasada madrugada do 12 de xaneiro no Comando Actualidade de RTVE.

A reportaxe ofrecida no programa non reflicte a realidade; pola contra, presenta ao pensionista en xeral como alguén coa vida resolta con facilidades para dedicarse, sen problemas, ás súas afeccións, a gozar da vida.

Nada máis lonxe do que ocorre neste amplo colectivo de preto de 9 millóns de persoas, no que, segundo os datos da Seguridade Social, o 20 % das pensións roldan a extrema pobreza (non chegan a 500 euros ao mes), o 40 % non chegan ao limiar de pobreza (menos de 700 euros ao mes) e o 60 % non alcanza o salario mínimo interprofesional (actualmente de 950 euros ao mes). E onde é máis patente a diferenza de pensións entre homes e mulleres, é na chamada brecha das pensións rolda o 34 % (provocada, sobre todo, pola dedicación, case exclusiva, das mulleres aos labores de reprodución e coidados).

Por outra banda, debemos destacar á opinión pública as reformas que quere aprobar o goberno sobre sistema público de pensións, pois toda a poboación estará afectada, ben porque é pensionista, pero sobre todo porque o será nun futuro. As pensións públicas están ameazadas por un proxecto privatizador e é nese contexto onde se quere preparar á poboación cunha visión sesgada da realidade das pensións.

Ademais, entendemos que desde os medios de comunicación considerados como servizo, non se debe colaborar nun proxecto privatizador dun dereito social como é o das pensións.

Por todo iso, solicitamos publíquese este comunicado, dado que somos un colectivo que estudamos en profundidade o sistema público de pensións, que é a nosa especialidade, no que contamos con técnicos cualificados, ademais de recoller o sentir da rúa.

UNIDADE COESPE
20 xaneiro 2021

Enviado por:
Ricardo Castro
-prensa@coespe.info-
21 de janeiro de 2021 11:13

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon