Por Rogelio Santos Queiruga [*]
21.01.2021
Coñecín a Ramón andando ao berberecho en Noia. Sempre me caeu ben, non sabía moi ben porque. Onte coincidín con el por casualidade, sigue andando ao mar pero noutra ría, e contoume isto :
"Levo como 2 meses a outra arte de pesca, e tódolos días, todos, traendo todo para terra, de entre 20 e 40 quilos, tódolos días, o chegar a terra aínda teño que escoitar a algún mariñeiro de 'levo toda a vida o mar'(co peito inchado) e nunca trouxeron nunca, nada de lixo para terra', outros preguntan-me se me pagan, o que contesto, que me paga o mar cos seus froitos, e digo eu cantos comeriades patacas cultivadas nunha lixeira, que vos fai pensar que a xente comera o marisco con sabor a plástico e no medio de tanta merda".
"Sempre me acorda, cando todo o mundo criticaba (mariñeiros incluídos) a aquel político que collía o lixo da beira do río e o deitaba a auga, pois os mariñeiros non son moi distintos".
"Outros din que tería que pagar a Xunta, que saibades que eles van ter o soldo asegurado, os que queremos vivir do mar temos que coidalo, se seguimos así faremos unha lixeira na ría, non producirá, abandonaremos o mar, a Xunta venderá a ría, limparana e nos miraremos como outros explotan o que nos non coidamos".
Eu, a parte do aplauso a Ramón, de que oxalá houbera moitos máis ramóns no mar e en terra, dicir unhas cousas, ao de Ramón nada, que está perfecto e coincido con el.
- Os que tiran lixo aposta, non son mariñeiros, son porcos, e hainos no mar e en terra.
- A xente como Ramón e coma min, e coma moitos... o que digan outros, danos igual. Non facemos o que facemos por agradar a ninguén. Non é nada heroico... é o que hai que facer. Os que deben revisar o que fan e pensan, son os demais, eses outros.
- Estaría ben que o lixo que se recolle, incluído nas depuradoras, antes de chegar ao mar, ou nos ríos, nas praias e no mar, sexa por mariñeiros, individuos, colectivos, sexa de pago ou altruistamente, se separase, se identificara a orixe máis probábel, por exemplo, restos de redes = mariñeiros, restos de bolsas = sociedade en xeral, pinchos das cordas das bateas = bateas, etc, e que o costo de recollela se lle cargara a cada colectivo, restándoselle a aqueles que colaboran en retirala. Seguramente é unha idea que teñen que perfilar técnicos, e que se fixera entre todos, pero ben paga a pena.
Todos comemos peixe, non solo os mariñeiros. Todos imos ás praias nadar, tomar o sol, pasear, facer deporte, mergullar, pescar....polos portos igual, se Galicia e as súas vilas son o paraíso !!! Somos privilexiados, podemos estar orgullosos do acadado, pero hai que telo limpo. Mentres tanto, o que si que quero é animarvos a todos, en especial aos mariñeiros, a facer como Ramón. Non só sacar e traer o lixo para terra, sexa do que ven nos aparellos ou do que xeramos nós mesmos, senón a facerlle foto, facernos fotos con ela e mostrala ao mundo. Que a xente saiba que o facemos e quen o facemos.
Gracias Ramón e gracias aos que sodes como el !!!!
Non me enganaba contigo.
[*] Rogelio Santos Queiruga. | Son mariñeiro e labrador de Galicia. Escribo pequenos relatos, non co fin de conseguir cartos senón de ser feliz e aceptarme a min mesmo. Nas redes sociais non busco aplausos nin fama, senón facer feliz a quen me lee e aprender. | rogelioqueiruga@gmail.com | Blogue persoal | @olabradorqueescribedendeomar.
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon