Por André Abeledo Fernández [*]
20.01.2021
Na Galiza podemos ir a cazar pero ao supermercado non. Feijóo pensa que estamos en Madrid e que en cada rúa temos unha tenda.
Que lle digan a Feijóo que non estamos en Madrid e que en nalgunhas localidades casi non temos nin tendas de alimentación.
Feijóo amosa ser un descoñecedor da realidade galega, un Ayuso en potencia e indecencia.
Feijóo declarase irresponsable ante o novo repunte dos contaxios do COVID-19. E ten razón é un auténtico irresponsable.
Porque un Presidente da Xunta de Galicia non é alguén que pasará por alí, ten as atribucións sobre sanidade e a obrigación de tomar decisións coherentes tendo en conta a idiosincrasia da nosa nazón.
Feijóo recoñece o erro do Natal: "Hubiera sido mejor no hacer ninguna aproximación familiar".
O presidente da Xunta asegura que a súa decisión de permitir viaxes entre localidades perimetradas e festas con membros de varias unidades tomóuse "de acuerdo con los datos que se tenían".
Algo que é mentira posto que toda a comunidade científica avisaba do que ia a acontecer e o señor Feijóo decidía ata que os nenos non computasen a hora das reunións familiares.
Os absurdos peches perimetrais "individuais" do señor Feijóo castigan tanto aos Concellos abertos como aos pechados, posto que en algúns Concellos "abertos" ou "pechados" non temos apenas comercios para a compra de alimentos y péchanse as localidades sin ter en conta as comarcas.
De coñecer Galiza o Presidente da Xunta, o señor Feijóo, debería ter en conta as "comarcas", pois como sabemos os galegos as nosas vidas fanse máis a nivel comarcal que municipal.
Agora dispáranse as mortes e os contaxios e Feijóo na Galiza endurece as restricións.
Soben aínda máis as restricións con 55 novos concellos con máximas limitacións á mobilidade.
Faino tarde, mal e a rastras.
Podes ir de caza pero non andar en bicicleta, podes facer o camiño de Santiago pero non ir ao supermercado do concello do lado. Pouca seriedade e absoluta falta de empatía.
Doe ver como enténdese como un prezo asumible pola sociedade a morte de veciños, amigos ou familiares a cambio de celebrar o Natal, ir de festa ou facer botellóns. Que clase de sociedade temos construído?.
Dende uns dirixentes políticos dedicados a facer equilibrismo entre economía e vida, ate cidadáns insolidarios, irresponsables e manifestamente estúpidos que engloba dende unha parte da xuventude dexenerada e sin empatía aos negacionistas.
Pois nada feliz posfesta, agora a pagar o inxustificable prezo da irresponsabilidade.
[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de Persoal da CIG en Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.
Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
19 de janeiro de 2021 19:20
_______
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
André Abeledo Fernández
Feijóo un Ayuso na Galiza que descoñece a realidade galega, ... Por André Abeledo Fernández
mércores, xaneiro 20, 2021
Feijóo un Ayuso na Galiza que descoñece a realidade galega, ... Por André Abeledo Fernández
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan mércores, xaneiro 20, 2021
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon