Desde o Movemento Cidadán A Quinta congratulámonos da iniciativa que Coalición polo Bierzo veñen de presentar no Parlamento Galego por medio do BNG. Entendemos que a iniciativa da sentido a creación e existencia do noso movemento pois a nosa orixe buscaba sensibilizar á sociedade galega e berciana da necesidade de abrir, dentro do marco constitucional, a posibilidade de encaixar a nosa comarca como a quinta provincia galega. Este encaixe debe empezar por dous piares fundamentais: que a sociedade do berciana e a galega estean de acordo e que este acordo sexa asumido polas lexítimas institucións que as representa: Parlamento Galego e Consello Comarcal do Bierzo.
Entendemos que esta iniciativa de CxB, elevada ao Parlamento Galego polo BNG, nace ao calor do nacemento de A Quinta e dentro do espírito que nos levou a impulsar a campaña de recollida de sinaturas que estamos levando adiante na actualidade con moitas dificultades por causa da situación sanitaria. A mesma avanza a bo ritmo e dentro da nosas perspectivas máis optimistas o que nos da a entender que poderemos finalizar a mesma cumprindo todos os obxectivos marcados. Entendemos que ter impulsado a mesma foi unha decisión arriscada mais aledamos, xa que a mesma empeza a dar froitos entre os que esta o introducir na axenda política o debate provincialista e galeguista existente no seo da sociedade do Bierzo. A clase política e sociedade galega e berciana deben debater abertamente da necesidade de abrir unha canle para que o Bierzo poida ter un camiño amparado lexislativamente para acadar as súas lexitimas aspiracións de se converter na quinta provincia galega.
Despois de parabenizar ao BNG e a Coalición polo Bierzo por ter sido os primeiros en tomar nota do camiño deseñado polo Movemento cidadán A Quinta para levar a bo porto as aspiracións das xentes da nosa Comarca entendemos que estamos na situación de pedir:
✔ A.- A CxB de que está iniciativa sexa sincera e un paso na procura de conseguir o obxectivo de converter ao Bierzo en provincia e poder optar a ser provincia galega. Esperamos que a iniciativa non teña só a intención de dar que falar nas redes sociais e nos medios de comunicación e agradamos que esta organización siga impulsando medidas concretas en todas as institucións onde ten representación para que a reivindicación de nos poder converter en provincia galega camiñe cara a súa materialización definitiva.
✔ B.- Ao BNG para que non faga un uso partidario da lexítima reivindicación e busque, por encima de todo, que a mesma sexa aprobada -coas modificacións que sexa necesario- mediante un acordo por unánime de todos os grupos políticos do Parlamento Galego. A non aprobación da iniciativa por consenso dos tres partidos con representación no parlamento galego dificultaría a consecución do gran acordo no Congreso dos Deputados que é preciso acadar para converter ao Bierzo en provincia enmarcada dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.
O Bierzo, 30 de Xaneiro de 2021.
Referencias:
✔ Proposición non de lei rexistrada no Parlamento de Galicia. | Acceder/Baixar.
✔ CB presenta unha histórica proposta no Parlamento de Galicia para recuperar a Provincia no seu Bicentenario | A proposición non de lei foi rexistra hoxe para o seu debate a través do BNG, segunda forza política no Parlamento Galego. | Ir á Web.
Enviado por:
A Quinta O Bierzo
-obierzoaquintaprovincia@gmail.com-
30 de janeiro de 2021 12:25
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon