martes, xaneiro 26, 2021

Lembrando a Amada García e os seus compañeiros este 27 de xaneiro de 2021, 83 anos despois do covarde fusilamento no Castelo de San Felipe

Lembrando a Amada García e os seus compañeiros

LEMBRANDO A AMADA GARCÍA E OS SEUS COMPAÑEIROS

Este 27 de xaneiro será o 83º aniversario do fusilamento de Amada García e 7 compañeiros máis, todos eles de Mugardos, no Castelo de San Felipe, que cada ano vimos celebrando cunha ofrenda floral e visita ao Cemiterio de Serantes, que iniciamos a A.C. Memoria Histórica Democrática, no 2007 acompañando á familia de Amada e que, desde 2018, converteuse nun Acto Institucional do Concello de Ferrol. Ante a imposibilidade de facelo este 2021, polas disposicións sanitarias, sumámonos con esta lembranza virtual, agardando xuntarnos de novo o vindeiro ano. Ás vítimas da Ditadura pola súa defensa da legalidade republicana e as ideas de progreso, liberdade e xustiza social, sempre na nosa memoria.

Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática
--
Visita as nosas páxinas web:
www.memoriahistoricademocratica.org
http://memoriahistoricademocratica.wordpress.com
en facebook:Memoria Historica Democratica
en twitter: Memoria Ferrol @memoriaferrol

Enviado por:
Memoria Histórica Democrática
-memoriahistoricademocratica gmail.com-
26 de janeiro de 2021 10:39

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon