martes, xaneiro 26, 2021

O 27 de xaneiro Día Mundial de Conmemoración das Vítimas do Holocausto - Cerimonia de acender as 6 candeas, que representan outros tantos colectivos vítimas do xenocidio nazi


O 27 de xaneiro é o Día Mundial de Conmemoración das Vítimas do Holocausto, desde hai varios anos a A.C. Memoria Histórica Democrática iniciou a cerimonia de acender as 6 candeas, que representan outros tantos colectivos vítimas do xenocidio nazi, entre elas os Republicanos españois, que desde o exilio francés foron levados aos campos de exterminio. Acto que se realiza xa de xeito institucional nos Concellos de Narón e Ferrol e en varios Centros Educativos da Comarca e que, desde a Asociación, complementamos con Exposicións fotográficas e charlas nos Institutos e Colexios participantes.

Este 2021 as medidas sanitarias impiden a realización destes actos que quedan limitados a algunha Comunidade Educativa, como o Colexio Cristo Rey, que o celebrou a pasada semana.

Desde a nosa Asociación facemos unha lembranza virtual, de xornadas pasadas, en Homenaxe a aquelas mulleres e homes que perderon a vida ou a liberdade polas súas inquedanzas de progreso, liberdade e xustiza social.

https://drive.google.com/file/d/1pnbho5p3IL26nea4rj1FjtgG0XdBiTdb/view?usp=sharing

Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática
--
Visita as nosas páxinas web:
www.memoriahistoricademocratica.org
http://memoriahistoricademocratica.wordpress.com
en facebook:Memoria Historica Democratica
en twitter: Memoria Ferrol @memoriaferrol
 
Enviado por:
Memoria Histórica Democrática
-memoriahistoricademocratica@gmail.com-
26 de janeiro de 2021 21:19

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon