xoves, xaneiro 28, 2021

Normalízase a violencia estrutural contra as persoas máis vulnerabilizadas. Os cortes de luz, os desafiuzamentos e os dispositivos “antiokupación”, o labirinto telemático para solicitar unha prestación social deixando a moita xente de fóra, os ERTE que pagamos toda a poboación para garantir os negocios das empresas - Transformar os cimentos desta sociedade tan profundamente atravesada pola desigualdade, o racismo e o colonialismo

Tags


Comunicado: 2ª fase da campaña “NORMALIZAR OS DEREITOS”

A nova normalidade arquitetada por gobernos e capital, a que incrementa o controle social e precariza aínda mais as condicións de vida, traballo e participación, segue o seu curso.

Normalízase a violencia estrutural contra as persoas máis vulnerabilizadas. Os cortes de luz, os desafiuzamentos e os dispositivos “antiokupación”, o labirinto telemático para solicitar unha prestación social deixando a moita xente de fóra, os ERTE que pagamos toda a poboación para garantir os negocios das empresas.

Está claro que a pandemia supuxo unha volta máis na espiral do empobrecemento para aquelas persoas que xa se atopaban no fío da navalla da exclusión, un 42% da poboación en Galiza segundo un informe publicado no 2019 por Cáritas e a Fundación Foessa.

Entre os colectivos mais afectados estamos as persoas migrantes e máis aínda as que se atopan en situación administrativa irregular xa perderon as súas fontes de ingreso coas medidas de confinamento. Sen cartos, sen papeis e sen dereito a prestacións como a RISGA, as Axudas de Emerxencia Social e o Ingreso Mínimo Vital. Tamén sen casa polo racismo inmobiliario que cada día dificúltannos o aceso a vivenda pola suba do prezo dos alugueiros (un ascenso do 4% no ano pasado malia a crise da Covid 19) e a solicitude de requisitos cada vez máis esixentes. Noutros territorios mesmo alimenta actos de terrorismo, incendiando campamentos e naves industriais habitadas por centos de persoas pola falta de alternativa habitacional.

Un racismo e unha xenofobia que están ben entrañados no sistema educativo o que vese claramente na exclusión das crianzas cuxas familias están en situación irregular de acceder as escolas infantís e no trato discriminatorio dispensado ao estudantado racializado. Nas dificultades de convalidación de estudos realizados en países considerados do “terceiro mundo”, na falta de Plans de Acollida dirixido ao alumnado de orixe estranxeira e de protocolos para identificar e erradicar os casos de racismo e xenofobia que se poidan dar nos centros de ensino.

Tamén no maltrato exercido contra as familias por medio da infantilización, xuízos de valor sobre as súas estratexias de coidado e chantaxe de denuncia antes as autoridades educativas e servizos sociais.

E se enfermamos, estando en situación irregular, ao malestar físico e psíquico engadirase outra preocupación máis pois a día de hoxe seguen chegándonos a casa facturas pola atención en urxencias cando por lei ese servizo é de balde.

Cun marco de dereitos tan minguado com podemos falar de inclusión, de participación, de cidadanía, de dereitos humanos?

Por todo isto e porque seguimos demandando unha regularización permanente e incondicional a todas as persoas migrantes e refuxiadas residentes no Estado Español, o cese das políticas represivas nas fronteiras e a desarticulación do racismo estrutural que segue a violentar as vidas das persoas racializadas, é que en novembro do ano pasado puxemos en marcha a campaña Normalizar os dereitos.

Finalmente, queremos amosar o noso recoñecemento a todas as nosas compañeiras, compañeiros e compañeires, persoas racializadas e/ou migradas que visibilizan e denuncian a través de diferentes canles as discriminacións e vulneracións que viven cada día, pasando por cima das trabas burocráticas e posíbeis represalias. Estes xestos de coraxe e defensa dos dereitos fundamentais son a materia para transformar os cimentos desta sociedade tan profundamente atravesada pola desigualdade, o racismo e o colonialismo.

Quedan moitos dereitos por normalizar. Esixe, propón, actúa. Loita!

- - -
Email: foroinmigracionsantiago@yahoo.es

--
OFICINA DEREITOS SOCIAIS - COIA (ODS-Coia)
odscoia.arkipelagos.net | odscoia@riseup.net |@odscoia | tel: 696 618 732 - 679 758 663 | Estamos os luns de 10h00 a 12h00 en Coia, nos locais da parroquia do Cristo da Vitoria (rúa Baiona 9, Vigo)


Enviado por:
Oficina Dereitos Sociais - Coia
-dereitossociais@gmail.com-
26 de janeiro de 2021 10:01

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon