sábado, xaneiro 23, 2021

Veciñanza de Catabois concentra-se e realizan unha denuncia colectiva en protesta polo maltrato animal no número 9 da Rúa Porta de Neira

CONCENTRACIÓN EN PROTESTA POLO MALTRATO ANIMAL

Este sábado, 23 de xaneiro concentrámonos unha representación da veciñanza de Catabois diante dunha casa deshabitada, da rúa Porta de Neira No.9 onde hai un can maltratado desde setembro de 2020.

Despois de alertar en múltiples ocasións á policía local, ao Seprona, a Protectoras e ao propio Concello, decidimos concentrarmonos en sinal de protesta e pasar á denuncia colectiva así como á recollida de sinaturas.

O can, un cachorro de arredor dun ano, chora e ladra día e noite. Pechado só nunha casa ruinosa, sen luz, medidas hixiénico-sanitarias nin os mínimos coidados a que obriga a Lei 4/2017, do 3 de outubro de protección e benestar dos animais de compañía en Galiza, nin a Ordenanza municipal de protección dos animais e convivencia responsable.

Reclamamos que se fagan cumprir as Leis contra maltrato animal, pois non se trata tanto de non poder durmir como da indignación polo sufrimento dun animal durante meses, sen que as autoridades competentes actúen.

Enviado por:
Iolanda Teijeiro
-iolandateixeiro@gmail.com-
23 de janeiro de 2021 13:58

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon