sábado, xaneiro 23, 2021

Ser de esquerdas son feitos non desculpas, ... Por André Abeledo Fernández


Por André Abeledo Fernández [*]
23.01.2021


Si algo demostrou a Pandemia do COVID-19 é que cando unha crise colapsa o sistema solo o Estado, o público pode rescatar ao sector privado e ao propio sistema capitalista.

Ao carallo vanse as teorías neoliberais, o libre comercio e a falacia de que a economía contrólase a si mesma e ten a súas propias leis cando veñen mal dadas.

Por todo isto a aposta polo público debe ser clara, sobre todo cando falamos dende a esquerda.

A nacionalización do sector enerxético, uns servizos básicos públicos e de calidade, a sanidade, a educación, unha Banca pública que faga fronte aos abusos da Banca privada deben ser algo prioritario.

Un goberno de esquerdas non pode permitir os 6.300 millóns de euros de beneficios e que as empresas eléctricas sigan falando de déficit tarifario. Ante o abuso, EXPRÓPIESE!.

Basta xa de miserables que sementan miseria xogando con a vida da cidadanía. NACIONALIZAR a enerxía e os servizos básicos por xustiza social.

Un goberno realmente de esquerdas debe combater os abusos da BANCA que quere manter beneficios sangrando aos seus clientes con comisións e cargos inxustos. Namentres pechan sucursais e despiden traballadoras e traballadores para aumentar os seus beneficios.

Unha BANCA rescatada con diñeiro público e que lonxe de devolver o diñeiro do rescate continua «abusando» e facendo «trampas » aos seus clientes, a quen os rescatamos.

65.725 millóns de euros. É a cantidade total "inxectada ao sector financeiro" (a maior parte, o 82,7% provén exclusivamente de fondos públicos, 54.353 millóns de euros).

Deles, estímase que só poderemos recuperar uns 14.000 millóns. E isto esperando que non chegue outro día o Banco de España e volva a cambiar a cifra, porque a crúa realidade é que ata agora o importe recuperado foi soamente de 4.477 millóns de euros, o 6,81% do total inxectado ao sector.

Un goberno de coalición non deixa de ser un goberno, dous partidos que deciden gobernar xuntos non son dous gobernos, por eso ambos son responsables do que fan e tamén do que non fan.

Son as cousas de formar parte dun goberno, para o bon e para o malo, desgraciadamente non existen términos medios, como dixo o Che Guevara "a moderación e as medias tintas son a antesala da traizón".

Neste sentido o ala esquerda deste goberno de coalición debe buscar o apoio da clase traballadora e das organizacións que a representan.

Especialmente dos sindicatos de clase e doutras organizacións de esquerdas, para apertar e arrastrar a parte máis reaccionaria do goberno para que se tomen medidas reais contra os abusos das grandes multinacionais e o sector bancario.

Non facelo solo beneficia a aqueles que seguen facéndose pasar pola "esquerda" cando son simples ferramentas das oligarquías para que nada cambie.

[*] André Abeledo Fernández (Delegado da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia de A Coruña).

Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
23 de janeiro de 2021 15:39

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon