Aliana Corral Fernández, nai dun alumno de infantil do CEIP CRUCEIRO DE CANIDO, denuncia coa difusión de imaxes e una nota pública "a situación de abandono e desamparo" que as nenas e nenos do colexio están vivindo. Di que "o patio cuberto se atopa totalmente inundado día tras día sen que ninguén faga nada para poñerlle remedio". Manifesta que "sempre é necesario que os peques poidan saír a gozar do seu tempo de recreo ao patio cuberto, xa que en Galicia a maior parte do tempo as condicións meteorolóxicas non acompañan para que poidan gozalo nas zonas que non están cubertas". Continua coa denuncia pública manifestando que "a maiores, coa situación de emerxencia sanitaria que vivimos, resulta de vital importancia que poidan facer uso do patio cuberto pois hai menos risco de contaxio que na aula e, deste xeito, as docentes aproveitan estes momentos para ventilar moito máis e mellor as instalacións pechadas nas que os menores pasan a maior parte da xornada escolar". Remata deste xeito a denuncia da nai agraviada polo desleixo e inacción das administracións, ante a inundación do patio cuberto CEIP Cruceiro de Canido, para que as autoridades responsábeis resolvan esta situación de deterioro da calidade do benestar educativo e das instalacións públicas do centro de ensino de Ferrol.
https://youtu.be/9L4GkOwnCq0
Enviado por:
Aliana Corral
-alianacorralfdez@gmail.com-
3 de fevereiro de 2021 11:26
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon