A detención de Pablo Hasel esta terza feira en Lleida activou a convocatoria de mobilizacións na Galiza en solidariedade e pola liberdade do rapeiro catalán. Unhas concentracións que estaban previstas desde hai días en réxime de auto convocatoria e para facer efectivas na xornada a seguir da detención deste músico e activista.
As concentracións será esta cuarta feira, día 17 de febreiro, ás 20:00 horas. Até o de agora, están convocadas en Vigo, A Coruña, Ourense, Compostela, Ferrol; Ourense, A Guarda e Lugo. “Amnistía total” é, de novo, e como nas concentracións que decorreron hai máis dunha semana, a palabra de orde.
Pablo Hasel xa está en prisión, no centro penitenciario de de Ponent. Os Mossos d'Esquadra entraron na mañá desta terza feira no reitorado da Universidade de Lleida para arrestalo¡. Ducias de axentes accederon o edificio sobre as seis da mañá e, antes pasadas as oito e cuarto, detiñan o rapeiro catalán.
O prazo da Audiencia española para que o rapeiro ingresase voluntariamente en prisión para cumprir unha pena de 9 meses por exaltación do terrorismo rematou a pasada sexta feira. E onte o xulgado rexeitou o recurso para evitar a prisión.
Todas as concentracións serán ás 20:00 horas. Lugares:
- Ferrol, Praza Amada García
- A Coruña. Praza de Ourense
- Compostela, Praza do Toural
- Lugo, Praza Maior
- Ourense, Subdelegación do Goberno
- Pontevedra, Praza da Peregrina
- Vigo, no Marco
- A Guarda, Praza do Reló
Fonte: Nós Diario.
#LiberdadePabloHasel #LlibertatPabloHasel #FreePabloHasel
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon