Por André Abeledo Fernández [*]
01.02.2021
Dende fai case dúas semanas Facebook mantén inhabilitada a miña conta baixo a escusa de ter compartido algo inapropiado, non teño claro a que poden referirse. Teño solicitado a revisión e enviado a documentación que solicitan pero continuo coa conta "secuestrada" polo seu "dono".
Queda claro que a miña conta non é miña, senón dunha empresa privada chamada Facebook que decide si podo seguir usándoa e que contidos podo compartir.
Esta experiencia persoal, non é a primeira vez que me pasa nin vai ser a última supoño e o meu caso é tan só un de tantos, pero sérveme como exemplo práctico do que pretendo explicar.
O verdadeiro dono do meu suposto muro en Facebook chamase Mark Elliot Zuckerberg e forma parte da elite que goberna o mundo sin presentarse a unhas eleccións.
Non existe liberdade de prensa pero tampouco nas redes sociais, non nos enganemos as redes sociais non son un medio alternativo, pois teñen os mesmos amos que os medios "clásicos".
Por ese motivo é tan importante que existan medios e axencias de información independentes que nos ofrezan outros puntos de vista e tamén unha información veraz.
Unha contrainformación necesaria contra a desinformación interesada dos oligopolios que controlan dende xornais, ata canles de televisión, radios, axencias de noticias, editoriais e que tamén son donos das redes sociais.
Contar a verdade é un acto revolucionario, informar tamén o é na sociedade dos bulos, as medias verdades e as mentiras.
Facebook, Instagram, Twitter, Tik Tok, non deixan de ser empresas que son propiedade de grandes multinacionais e de millonarios cuns intereses determinados.
Falan de liberdades como a de “pensamento” e "opinión". Tentan convencernos de que existe no sistema capitalista porque segundo eles un pode pensar e decir o que queira.
Pero non é así, porque ninguén te escoita e todo queda nun inútil dereito ao patalexo, ou ben a túa voz é apagada mediante a violencia das leis ou da represión do Estado, leis como a chamada “lei mordaza” que criminaliza a protesta son unha proba palpable.
Falan da “liberdade de prensa”, porque calquera millonario ou multinacional poden ter un canle de televisión ou un xornal ao seu servizo, ao servizo do pensamento único.
Ditos medios propiedade da oligarquía teñen patente de corso para mentir, difamar e ocultar a verdade. Sendo realmente ferramentas para desinformar as masas, para confundir a clase obreira.
Son moi poucos os medios de comunicación que se atreven a publicar este tipo de artigos, ou que non están ao servizo do amo que pon o diñeiro e decide la liña editorial.
É preciso que sigan existindo para poder seguir informados.
[*] André Abeledo Fernández (Delegado da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia de A Coruña).
Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
1 de fevereiro de 2021 17:20
_______
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
André Abeledo Fernández
Redes Sociais
O dono do teu muro no Facebook chamase Mark Elliot Zuckerberg, ... Por André Abeledo Fernández
martes, febreiro 02, 2021
O dono do teu muro no Facebook chamase Mark Elliot Zuckerberg, ... Por André Abeledo Fernández
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan martes, febreiro 02, 2021
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon