domingo, marzo 28, 2021

A asemblea de representantes de organizacións e colectivos deciden recompoñer e impulsar a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol - SOS Sanidade Pública


A asemblea de representantes de organizacións e colectivos que se celebrou o pasado 25 de marzo, na sala de actos da CIG , decide recompoñer e impulsar a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol - SOS Sanidade Pública.

A asemblea, na que participaron diversos colectivos, asociacións veciñais, partidos políticos e a central sindical nacionalista, tiña o obxecto de retomar a actividade da mencionada Plataforma diante a convocatoria da mobilización xeral en defensa da Sanidade Pública na Galiza que terá lugar o próximo día 21 de abril.

Entre as entidades participantes na citada asemblea estaban: EU Ferrol, Fuco Buxán, Podemos, A. VV. S. Xoán, o Patronato Concepción Arenal, Asociación de Celadoras e Celadores de Galicia,  U.L da CIG d'As Pontes, U.C. da CIG Ferrol, BNG -Ferrolterra, Saúde Mutua e algunhas persoas a titulo particular.

Acordou-se relanzar a plataforma SOS Sanidade Pública nas comarcas que abranguen a Área Sanitaria de Ferrol, unha área que dá cobertura a 182.751 persoas de 20 concellos que conforman as comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal, con 150 parroquias e 690 núcleos de poboación. Unha área cunha importante infraestrutura sanitaria constituída por: 31 centros de saúde e consultorios, 9 Puntos de Atención Continuada (PAC), e un Complexo Hospitalario Universitario conformado por 3 centros hospitalarios: o Hospital Arquitecto Marcide, o Hospital Naval, e o Hospital Novoa Santos.

En segundo lugar acordou-se convidar as entidades que no seu día formaron parte da mesma, deixando para unha próxima reunión a constitución dunha coordinadora permanente.

Lugar onde está convocada a mobilización en Ferrol, antiga praza da Porta Nova
(praza de España onde esta localizado o Centro de Saúde Fontela Maristany)

En terceiro lugar acordou-se adherirse á convocatoria de mobilización xeral en defensa da sanidade pública da plataforma galega SOS Sanidade Pública que se celebrará o mércores día 21 de abril en toda Galiza. Para ese efecto fíxase, en Ferrol, a antiga Praza da Porta Nova (praza de España onde esta localizado o Centro de Saúde Fontela Maristany), ás 8 da tarde e no día mencionado como lugar de concentración.

En cuarto lugar acordoaron-se asuntos técnicos de trámite para a realización da mobilización (comunicación do acto, rolda de prensa, confección dos cartaces, distribución de follas info, pancarta que encabezará a convocatoria, financiamento das actividades da plataforma, ...).

E en quinto e último lugar acordou-se a convocatoria da próxima reunión o xoves día 8 de abril en lugar e hora por determinar o que se avisará con antelación suficiente a acada organización e tamén publicamente.

Info baseada na enviada por:
Gonzalo Busqué
-gbloren@hotmail.com-
27 de março de 2021 01:20

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon