Trátase dun gran golpe para a comunidade rohingya, que estivo sufrindo as consecuencias do deterioro das condicións de vida nos campamentos, cun acceso reducido á atención médica e outros servizos humanitarios.
Aos rohingya negóuselles a posibilidade de regresar aos seus fogares en Myanmar (que ademais agora está en plena crise por mor do golpe de estado) de xeito seguro e con dignidade. As restricións á súa liberdade de movemento e a falta de acceso aos medios de subsistencia en Bangladesh, incluída a capacidade para traballar, significan que dependen por completo da asistencia humanitaria.
Incendio nos campos de refuxiadas de Cox's Bazar
✔ Catástrofe nos campos de refuxiados rohingyas en Bangladesh.
✔ Un incendio devastador matou polo menos a 15 persoas, mentres 400 seguen desaparecidas.
ACNUR lamenta profundamente a morte de 15 persoas refuxiadas e o
sufrimento causado polo incendio que se iniciou a tarde do 22 de marzo
nos campos de Cox's Bazar, onde residen actualmente máis de 870.000
refuxiadas rohingya. O lume está controlado, pero centenares de persoas
aínda permanecen desaparecidas e outras 560 están feridas. Os danos
materiais son enormes e miles de refuxiadas perderon as súas escasas
pertenzas e os seus refuxios. ACNUR traballa contra reloxo para
proporcionar apoio e protección a 45.000 persoas que perderon os seus
refuxios.
A resposta de ACNUR
O incendio afectou a 1.500 instalacións, como albergues, centros de
saúde, centros educativos, hospitais, puntos de distribución e outras infraestruturas do campo, e ocasionou enormes danos materiais. Segundo
as primeiras avaliacións, polo menos 10.000 refuxios foron totalmente
destruídos ou gravemente danados. Algunhas das persoas refuxiadas foron temporalmente
realoxadas dentro da comunidade de acolleita. 12.000 persoas
refuxiáronse con familiares en campamentos xestionados por ACNUR.
Hai un número indeterminado de persoas que sufriron graves queimaduras.
Por iso, ACNUR está proporcionando primeiros auxilios e material médico
para poder tratar a estas persoas. Ata agora, ao redor de mil persoas
recibiron apoio psicosocial. As persoas en estado crítico están sendo
derivadas a servizos de saúde máis especializados.
Ate agora, ACNUR proporcionou ao redor de 3.000 mantas, 14.500 lámpadas
solares, 10.400 xogos de cociña e 11.500 mosquiteiras. Xunto cos seus
socios en terreo, tamén proporcionou 49.000 litros de auga e 7.000
bidóns, incluída a construción de 20 latrinas, billas, tanques de auga,
bidóns e 500.000 pastillas potabilizadoras. Catro camións cisterna están
entregando auga potábel ás áreas onde se atopan os damnificados polo
lume.
Ademais, ACNUR e os seus socios identificaron a 669 menores non
acompañados; 647 xa puideron reunirse cos seus titores ou coidadores; os
outros 22 permanecen baixo o coidado das súas familias.
Para cubrir as necesidades das persoas rohingya durante 2021, ACNUR
necesitará 294,5 millóns de dólares. Ate agora, só conseguiuse un 16 %
dos fondos necesarios para atender esta urxencia.
As consecuencias do incendio aumentan as necesidades das refuxiadas
rohingya. ACNUR necesita financiamento para dar unha resposta
humanitaria e protexer ás persoas refuxiadas e á comunidade de acolleita
en Bangladesh.
✔ ACNUR necesita axuda. | Ir á Web.
✔ Podes acceder tamén a Medic@s Sem Fronteiras. | Ir á Web. E a Save the Children. | Ir á Web.
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon