domingo, marzo 14, 2021

Ferrolterra volveu a ser exemplo práctico de loita obreira: A folga xeral a ferramenta máis importante da clase traballadora, ... Por André Abeledo Fernández


Por André Abeledo Fernández [*]
14.03.2021


Ferrolterra volveu a ser exemplo práctico de loita obreira
A folga xeral a ferramenta máis importante da clase traballadora


Unha vez máis a nosa Comarca saíu as rúas para reclamar xustiza, empregos dignos, o cumprimento das promesas dos distintos gobernos de industrialización despois do desastre económico que supuxo a brutal reconversión que nos esta a levar a desaparición e condena ao noso pobo a emigración ou a pobreza.

Con consignas claras esixindo a Xunta de Feijóo e ao goberno de Sánchez que paguen a débeda histórica que teñen con a nosa Comarca, esixindo unha solución para Ferrolterra e defendendo a importancia da industria como motor dunha economía que foi destruída por decisións políticas que prometían un Plan para a nosa Comarca que nunca chegou a ser cumprido.

Ferrolterra non pode ser unha cidade de servizos, non podemos subsistir sin empresas de alto valor engadido que permitan crear empregos de calidade capaces de reactivar a nosa economía e rematar coa sangría que levou a nosa Comarca a ver como millares de persoas tiveron que emigrar para poder sobrevivir.

Queremos traballar e non mendigar ou emigrar, queremos que cumpran a palabra dada durante décadas a todo un pobo.

A folga xeral o día 10 de Marzo día da clase obreira galega foi a un aviso a un goberno que di ser de esquerdas de que a nosa Comarca segue a ser un exemplo de loita, segue a ser vangarda e punta de lanza da clase obreira galega.

O 10 de Marzo honramos a memoria de Amador e Daniel asasinados polas forzas de represión franquista un 10 de marzo de 1978 cando participaban dunha xornada de folga histórica do sector Naval que rematou con os nosos compañeiros asasinados, con decenas de feridos e detidos, máis tamén cunha vitoria histórica da clase traballadora e un exemplo eterno da forza que ten a clase traballadora mobilizada e organizada.

Esta folga xeral debe servirnos como punto de inflexión para sindicatos de clase como a CIG dispostos a continuar dando a batalla ata vencer. Ata conseguir o que é noso por dereito, ata recuperar todo o que nos roubaron.

Nin a Pandemia, nin a esaxerada presencia policial nas nosas rúas impediron que traballadoras e traballadores con conciencia de clase participásemos dos piquetes informativos, botándolle moito valor con a espada de Damocles dunha "lei mordaza" que mantén a brutal situación de ter obreiros na cadea mentres vemos aos corruptos na rúa.

Una "lei mordaza" e unha reforma laboral do Partido Popular que prometeron derrogar os que hoxe ocupan o goberno en Madrid, máis outra promesa incumprida para con a clase traballadora.

Pero nada puido evitar que unha vez máis Ferrolterra berrase puño en alto "folga xeral" e o "aquí está, aquí se ve, a clase obreira galega en pé".

Que viva a folga xeral!
Que viva a clase traballadora!
Ferrolterra solución xa!

[*] André Abeledo Fernández (Delegado de persoal da CIG en Mercadona).

Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
11 de março de 2021 13:02

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon