martes, marzo 16, 2021

O Comité de Empresa de ENDESA d'As Pontes e o conflito existente desde o pasado 8 de marzo, na Central Térmica de Carbón e na de Ciclo Combinado


O Comité de Empresa de ENDESA d'As Pontes e o conflito existente desde o pasado 8 de marzo na Central Térmica de Carbón e na Ciclo Combinado.

O xoves día 11 de marzo, este Comité reuniuse coa Dirección da Empresa e a Directora da Autoridade Laboral da Xunta de Galicia, polo conflito existente desde o pasado luns na Central Térmica das Pontes e no Ciclo Combinado.

Desde este Comité, intou-se á Empresa a solucionar o feito de que o persoal a quenda viuse retido en contra da súa vontade dentro do centro de traballo, en ocasións, durante xornadas de 20 horas continuas. E así se puxo en coñecemento das autoridades laborais manifestando a Directora deste órgano na reunión que o Comité actuou correctamente.

As Autoridades Laborais informaron á empresa que, a resolución do conflito pasa por reunirse cos responsábel do mesmo. Tamén declararon que a empresa é a única responsábel de que os traballadores e traballadoras poidan realizar a súa xornada laboral no seu posto de traballo con garantías de seguridade.

Desde o Comité de Empresa esperamos que a situación chegue o máis axiña posíbel ao seu fin, e se chegue a unha pronta solución dun conflito que deriva do incumprimento das promesas das que tanto se vangloriou a Empresa para unha transición enerxética que non está sendo moi xusta. A actuación de Endesa é contraria ao espírito do que emana o Acordo de Transición Enerxética Xusta, a cal estanos afectando tanto aos traballadores e traballadoras de Endesa, como ás empresas auxiliares, transportistas, empresas e negocios da comarca.

As Pontes, 12 de marzo de 2021.

COMITÉ DE EMPRESA - ZONA DE D'AS PONTES

Eugenia Freire Fajardo
Resp. Organización - Gabinete Económico
CCOO Industria - Galicia    
Tlf. oficina: 981.36.93.26
efreire@industria.ccoo.es

Enviado por:
MARIA EUGENIA FREIRE FAJARDO
-efreire@industria.ccoo.es-
15 de março de 2021 15:06

_______

Foto: de Kiko Delgado. | Camións bloquean eo acceso da central térmica de ENDESA n'As Pontes.
_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon