Amosando publicacións coa etiqueta Endesa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Endesa. Amosar todas as publicacións

venres, abril 23, 2021

CCOO gaña as Eleccións Sindicais en Endesa na Galiza, con mais do 52% dos votos e 11 representantes, desbancando a UGT da maioría, ao ser as eleccións coa plantilla de Enel Green Power

Eleccións Sindicais en Endesa

FINALIZAN AS ELECCIÓNS SINDICAIS EN ZONA NOROESTE

Xa finalizaron as eleccións en Galicia e polo tanto no Territorio do Noroeste (Galicia, Cornisa Cantábrica e Castilla-León), onde CCCO conseguiu unha nova delegada en Endesa S.A. nas Pontes, María Mourín Mourenza, á que damos a tan merecida parabéns.

Grazas ao traballo de CCOO en todos os centros, onde agora acompáñannos os compañeiros e compañeiras de Enel Green Power, (filial de enerxías renobábeis de Endesa, centro loxístico de compoñentes e parques eólicos) deron un cambio significativo á representación no territorio, tendo CCOO un claro apoio maioritario do persoal. En Galicia pasouse dun 30,77% de representación nas eleccións do 2015 a un 52,38% en 2021, onde en todos os centros mantívose e aumentou o apoio a en CCOO. No territorio Noroeste terminan as eleccións como empezaron, cunha contundente vitoria de CCOO.

A comparativa final reflícteo á perfección. Polo tanto, CCOO asume a representación maioritaria en todo o territorio Noroeste (Galicia, Cornisa Cantábrica e Castilla-León), que queda cun 60,61% para CCOO (20 delegados), seguido dun 21,21% para UGT (7 delegados), 9,09% para SIE (3 delegados) e 9,09% para CIG (3 delegados).

Desde CCOO queremos agradecer ao persoal o apoio maioritario mostrado cara a esta organización e á que facemos partícipe desta vitoria e manifestamos que este gran respaldo que habemos ter estase reflectindo no día a día, na maior participación do persoal na negociación colectiva e na ratificación dos acordos que se alcancen coa empresa.

Animamos ao persoal dos territorios onde están aínda en marcha ou pendentes os procesos electorais a que se sumen ao cambio que se está producindo na representación sindical dentro de Endesa para que o persoal poida ter máis participación nas negociacións coa Empresa.

CC.OO. ENDESA PRIMEIRA FORZA SINDICAL EN GALICIA
email: ccoogalicia@enel.com

Eugenia Freire Fajardo
Resp. Organización - Gabinete Económico
CCOO Industria - Galicia
Tlf. oficina: 981.36.93.26
efreire@industria.ccoo.es

Foto: En Endesa de As Pontes, o 8 de Marzo de 2018.

Enviado por:
MARIA EUGENIA FREIRE FAJARDO
-efreire@industria.ccoo.es-
23 de abril de 2021 13:41

_______

martes, marzo 16, 2021

O Comité de Empresa de ENDESA d'As Pontes e o conflito existente desde o pasado 8 de marzo, na Central Térmica de Carbón e na de Ciclo Combinado


O Comité de Empresa de ENDESA d'As Pontes e o conflito existente desde o pasado 8 de marzo na Central Térmica de Carbón e na Ciclo Combinado.

O xoves día 11 de marzo, este Comité reuniuse coa Dirección da Empresa e a Directora da Autoridade Laboral da Xunta de Galicia, polo conflito existente desde o pasado luns na Central Térmica das Pontes e no Ciclo Combinado.

Desde este Comité, intou-se á Empresa a solucionar o feito de que o persoal a quenda viuse retido en contra da súa vontade dentro do centro de traballo, en ocasións, durante xornadas de 20 horas continuas. E así se puxo en coñecemento das autoridades laborais manifestando a Directora deste órgano na reunión que o Comité actuou correctamente.

As Autoridades Laborais informaron á empresa que, a resolución do conflito pasa por reunirse cos responsábel do mesmo. Tamén declararon que a empresa é a única responsábel de que os traballadores e traballadoras poidan realizar a súa xornada laboral no seu posto de traballo con garantías de seguridade.

Desde o Comité de Empresa esperamos que a situación chegue o máis axiña posíbel ao seu fin, e se chegue a unha pronta solución dun conflito que deriva do incumprimento das promesas das que tanto se vangloriou a Empresa para unha transición enerxética que non está sendo moi xusta. A actuación de Endesa é contraria ao espírito do que emana o Acordo de Transición Enerxética Xusta, a cal estanos afectando tanto aos traballadores e traballadoras de Endesa, como ás empresas auxiliares, transportistas, empresas e negocios da comarca.

As Pontes, 12 de marzo de 2021.

COMITÉ DE EMPRESA - ZONA DE D'AS PONTES

Eugenia Freire Fajardo
Resp. Organización - Gabinete Económico
CCOO Industria - Galicia    
Tlf. oficina: 981.36.93.26
efreire@industria.ccoo.es

Enviado por:
MARIA EUGENIA FREIRE FAJARDO
-efreire@industria.ccoo.es-
15 de março de 2021 15:06

_______

Foto: de Kiko Delgado. | Camións bloquean eo acceso da central térmica de ENDESA n'As Pontes.
_______

venres, febreiro 19, 2021

CCOO de Endesa sobre o Terminal Portuario de Endesa en Ferrol (Porto Exterior)


Desde esta Sección Sindical temos coñecemento e así xa publicou a empresa nalgúns medios, que no marco do plan industrial deseñado para a zona ante o peche da central pontesa, que Endesa quere seguir contando co espazo do que dispón no Terminal Portuario de Endesa en Ferrol e xerar nel máis actividade, onde se prevé a carga e descarga de compoñentes eólicos co fin de aumentar os tráficos nestas instalacións, onde xa conta con luz verde para mover graneles sólidos e mercancía xeral.

Ao mesmo tempo estase desenvolvendo desde o Terminal portuario de Ferrol un proxecto de innovación en dixitalización chamado Hércules, cuxo obxectivo principal é a mellora na seguridade e a eficiencia na xestión de mantemento dos centros de traballo. Este proxecto está desenvolvido por traballadores do Terminal Portuario, gruistas que se reciclaron e se formaron para levar a cabo o desenvolvemento deste proxecto. Tamén forman parte do equipo a dirección do propio centro que se encarga de dirixilo e da parte comercial. Este proxecto xa conta con algúns encargos e está en negociación a firma dalgúns proxectos máis para exportar o proxecto a outras liñas de negocio e poder implantalo nas novas instalacións de enerxías renovábeis.

Ante estes acontecementos e tal como se recollen no Acordo de Transición Enerxética Xusta que asinou Endesa, rexistramos escritos na Xunta de Galicia, Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e partidos políticos co fin de que nos dean o apoio para que contacte coa Empresa e intercedan para que se paralicen e revoguen os traslados do persoal do persoal do Terminal Portuario de Ferrol e que se asegure que os traballadores de devandito centro poidan ser partícipes desas novas oportunidades de emprego que eles mesmos están xerando ao iniciar eles o proxecto no centro de traballo ao que aínda pertencen e así eliminar os impactos negativos que terán nas súas vidas e nas das súas familias o ter que marchar forzosamente a miles de quilómetros dos seus fogares.

Desde CCOO solicitamos reunirnos cos responsábeis políticos e poder explicar en máis detalle estes proxectos que evitarían as saídas do persoal e as posíbeis actuacións.

Ferrol, 19 de febreiro 2021

Eloy Sardiña Sixto
Responsable de Transición Enerxética
Sección Sindical CCOO Interempresas Grupo Endesa

CC.OO. ENDESA PRIMEIRA FORZA SINDICAL EN GALICIA
email: ccoogalicia@enel.com

Eugenia Freire Fajardo
Resp. Organización - Gabinete Económico
CCOO Industria - Galicia
Tlf. oficina: 981.36.93.26
efreire@industria.ccoo.es

Enviado por:
MARIA EUGENIA FREIRE FAJARDO
-efreire@industria.ccoo.es-
19 de fevereiro de 2021 16:01

_______

venres, xaneiro 22, 2021

Boletín Informativo Ambiental Semanal de Radio Cerna: Primeiro gromo de coronavirus nunha granxa de visóns de Galiza, ... o anuncio do peche da térmica das Pontes por Endesa: Un fito histórico para os ecoloxistas e unha traizón de Endesa para os políticos galegos

Primeiro gromo de coronavirus nunha granxa de visóns de Galiza, e segundo no Estado, fai saltar as alarmas das que xa advertiran hai meses os ecoloxistas. Reclaman agora con maior contundencia o peche destas instalacións en todo o territorio galego, que acolle o 80% de todas as granxas de visión do Estado. A outra nova destacada da semana é o anuncio do peche da térmica das Pontes por Endesa. Un fito histórico para os ecoloxistas e unha traizón de Endesa para os políticos galegos. Todo isto e máis neste programa de Radio Cerna. [Boletín do 22 de xaneiro de 2021]



Ferrolterra-Trasancos
adegatrasancos@adega.gal
Apartado 481
15480 Ferrol

http://adega.gal/

Enviado por:
adegatrasancos@adega.gal
-adegatrasancos@adega.gal-
22 de janeiro de 2021 10:26

_______