mércores, maio 05, 2021

Exposición do XIV Premio Ksado de Creación Fotográfica no Ateneo Ferrolán - Do 6 de maio ao 6 de xuño de 2021


Exposición do XIV Premio Ksado de Creación Fotográfica
Do 6 de maio ao 6 de xuño de 2021


As salas do Ateneo Ferrolán acollerán dende o 6 de maio ao 6 de xuño deste ano 2021 unha exposición cos traballos premiados na décimo cuarta edición do galardón de Creación Fotográfica Luis Ksado da Deputación da Coruña. Trátase dun premio que xa é un referente no eido da fotografía en Galicia e mesmo en España.

Tendo en conta a significación especial que, para a difusión das artes da imaxe e, especialmente da fotografía, posúe, dende hai tempo a nosa provincia e coa finalidade de contribuír á conservación da memoria de personaxes tan representativas neste campo como foi Luís Ksado, a Deputación da Coruña convoca o Premio “Luís Ksado” de Creación Fotográfica.

O vindeiro día 6 de maio abrirase no Ateneo Ferrolán a exposición do XIV Premio Ksado de Creación Fotográfica da Deputación da Coruña. A colección "Fillos de Breogán" do lugués Alejandro Real e "Gangborder" de Javier Arcenillas, gañadores do certame, poderanse ver en Ferrol até o 6 de xuño nunha itinerancia que visitará varios concellos da provincia da Coruña.

"A vontade da Deputación da Coruña é contribuír á difusión das obras gañadoras dos nosos premios culturais e, neste sentido, a itinerancia da exposición do Premio Ksado permitirá que moito máis público coñeza as obras premiadas e tamén se mostren en concellos pequenos, con máis dificultade para a programación cultural de artes plásticas", sinala o deputado de Cultura, Xurxo Couto. | Máis info

#Ateneo #SomosCultura #Ferrol #Galiza #ArtesPlásticas

Ateneo Ferrolán
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055 | Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)
@ateneoferrolan | Blogger | Facebook | Faite soci@ on line! | Colabora con nos!

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
4 de maio de 2021 12:50

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon