luns, maio 24, 2021

Presentación da revista de baloncesto 'Zona Press' no Ateneo Ferrolán, este luns 24 de maio ás 8 da tarde, dedicada ao ao ascenso do BAXI Ferrol


Presentación da revista de baloncesto "Zona Press" no Ateneo Ferrolán

O vindeiro luns día 24 de maio ás 20 h.

O número 24 da publicación dedica a portada e o 30% do seu contido ao ascenso do BAXI Ferrol e ese é o motivo de realizar a presentación de Zona Press na cidade.

Óscar Losada, editor e director da revista, estará acompañado por Lino López, técnico da escuadra, e Natalia Rodríguez, xogadora que acaba de renovar para a próxima tempada.

Conversarán sobre o logro do ascenso e a planificación do equipo para a campaña 2021-2022.

Ateneo Ferrolán
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055 | Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)
@ateneoferrolan | Blogger | Facebook | Faite soci@ on line! | Colabora con nos!

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
21 de maio de 2021 13:00

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon