Por André Abeledo Fernández [*]
15.05.2021
Israel ten un dos exércitos máis potentes do mundo, conta con case 4.000 tanques, Palestina non ten ningún, cuns 400 avións militares, Palestina ningún, co mellor escudo antimisís que existe, Palestina esta desprotexida.
O poderío militar de Israel e os medios de que dispón son infinitamente superiores aos que pode ter ao seu alcance o pobo palestino.
Por iso cando falamos de guerra, ou de enfrontamento mentimos, é como si un loitador profesional de máis de 100 kg de peso dese unha malleira a un neno de 4 años e dixeramos que foi unha pelexa xusta.
O sionismo é unha ideoloxía totalitaria e racista que considera a Israel o pobo elixido por Deus e entende que iso os fai superiores ao resto.
Baixo a crenza sionista da superioridade, de ser os escollidos por Deus, Israel leva a cabo en Palestina unha política xenocida, coa que tentan por tódolos medios ao seu alcance de expulsar da súa terra ao pobo palestino ou de exterminalos si se resisten ao ser condenados ao exilio obrigatorio.
O sionismo non ten moita diferencia na práctica co NAZISMO, consideran aos palestinos un pobo inferior e néganlles a súa humanidade tratando-os peor que a animais.
Como a Alemaña NAZI fixo co pobo xudeu, Israel aproveita a súa infinita superioridade militar para reprimir, castigar e asasinar ao pobo palestino, sen diferenciar entre homes, mulleres ou nenos.
Israel bombardea hospitais, escolas e edificios coa mesma brutalidade que os supostos obxectivos militares, non diferencian entre obxectivos civís e militares porque para Israel o obxectivo é varrer do mapa ao pobo Palestino.
Israel desoe tódalas resolucións internacionais e continúa o xenocidio dun pobo co silencio cómplice das organizacións internacionais e sin que ninguén faga nada para deter a barbarie.
O xenocidio NAZI, o holocausto, é unha vergoña hoxe para a humanidade, como o vai ser mañá ter permitido o xenocidio e a limpeza étnica feita por Israel contra o pobo palestino.
Palestina un xenocidio, unha pandemia e un pobo abandonado pola comunidade internacional.
Hoxe en Palestina sobrevivir segue sendo resistir
Continúa o silencio cómplice ante a barbarie, os gobernos calan e outorgan, o pobo palestino necesita aos pobos do mundo para denunciar o xenocidio.
A agresión contra o pobo palestino é constante e cada agresión constitúe unha nova traizón, outro abuso por parte do imperio ianqui o seu can de presa o sionismo.
Israel continúa facendo ouvidos xordos a tódalas resolucións internacionais.
Donald Trump xa se encargou antes de abandonar a rastras a Casa Blanca de recoñecer unilateralmente a Xerusalén como capital e territorio de Israel.
Vemos claramente ata que punto o sionismo controla as decisións políticas de Washington en canto as súas políticas en Palestina e Oriente Medio.
Unha vez mais réganse as rúas de Palestina con sangue inocente e novas humillacións ao pobo torturado de Palestina.
Onde están llos organismos internacionais encargados de defender os dereitos humanos?, como sempre solo están canto aos que mandan lles interesa.
Xa nin pensan facer o paripé de respectar certos límites, ou disimular o abandono das súas funcións.
Quen responderá por todo o sangue derramado?. Ninguén resposta pola sangue dos ninguén, dos esquecidos.
Ninguén dirá nada polos nenos que van ser asasinados, por tódolos detidos e torturados, polas familias esnaquizadas, polas casas demolidas, polas detencións arbitrarias.
A comunidade internacional volverá a dar as costas ao horror?
Outra vez a comunidade internacional permitirá o xenocidio dun pobo?
Pois si, unha vez máis miraran cara outro lado, se cadra nesta ocasión a desculpa sexa a pandemia.
Non podemos gardar silencio ante a barbarie, si os gobernos calan e outorgan, os pobos debemos berrar e apoiar a resistencia do pobo palestino.
Hoxe en Palestina sobrevivir segue sendo resistir.
[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de Persoal da CIG en Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.
Foto: Arte e Resistencia en Palestina.
Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
15 de maio de 2021 15:00
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon