martes, xuño 29, 2021

A CIG disposta a manter unha mobilización constante en Mercadona para defender os dereitos e a dignidade das traballadoras e traballadores


Continúa a campaña de mobilizacións da CIG en MERCADONA na Provincia de A Coruña.

Nestes días estamos a recibir mensaxes de apoio e tamén testemuñas de traballadores e extraballadores de Mercadona de todo o Estado español que testemuñan que o que pasa na Provincia de A Coruña non é unha excepción. A diferenza é que en A Coruña está a CIG defendendo os dereitos e os intereses das traballadoras e traballadores, mentres no resto do Estado  atópanse orfos de sindicato como tal á salvedade de con ELA, Osta… e contadas excepcións máis, atópanse nin máis nin menos que vendidos.

Como mostra un convenio asinado en Valencia por CCOO e UGT feito “a medida” dos intereses desta Empresa, cunha redacción que deixa aos traballadores practicamente indefensos, e con puntos que atentan tan chamativamente contra:

✔ a conciliación familiar (unha quimera en Mercadona).

✔ o dereito básico a enfermar (prohibición non escrirta de caer enfermo en Mercadona: non temos realmente complementado o salario en situación de baixa por I.T. pois o retiran como, cando e a quen lles vén en gana).

✔ chantaxes económicos salientables en canto á mal chamada prima de beneficios que non é tal, pois funciona como o "pao e a cenoura" e que baséase nun exame ou valoración dxs traballadorxs tan subxectiva como inxusta, e que na práctica serve como ferramenta de castigo a aqueles traballadores que se atreven a esixir os seus dereitos laborais.

✔ ou medidas medievais non escritas, como obrigar a tapar tatuaxes con vendas ou tiritas con a escusa de manter unha boa imaxe, cando a sociedade xa fai moito que os ten normalizado e a imaxe que dan os traballadores con vendas nos brazos ou tiritas no pescozo ao noso entender e bastante peor que calquera tatuaxe.

Dende a Sección Sindical da CIG vémonos na obriga de dar resposta na rúa para denunciar a política de medo e represión que padecemos as/os traballadoras/es en Mercadona.

Baixo o lema de que "TEÑEN QUE MORRER OS ABUSOS DE PODER", dende a CIG poñemos branco sobre negro á realidade do que supón traballar en Mercadona, analoxía veraz co “síndrome da rá férvida”.

Preocúpanos ver como os traballadores e traballadoras terminan normalizando comportamentos e actitudes dos/da seus/súas superiores xerárquicos que van máis alá dunha relación laboral, e ós cominan a graves afeccións da súa saúde física e incluso mental.

Preocúpanos unha carga de traballo que é excesiva, pero tamén a presión a nivel psicolóxico que co tempo deriva en consecuencias moitas veces até irreparables, sobre a saúde das compañeiras e compañeiros.

Alzamos nosa protesta nesta campaña de mobilizacións insistindo en que a fama de Mercadona como empresa modélica, e “de exemplo a seguir por outras empresas”, é algo sustentado só sobre o papel, porque na práctica é máis ben exemplo do que non debería ser unha empresa. É papel mollado, ao servizo unicamente do capital do patrón.

Poñemos sobre a mesa a realidade dunha empresa con beneficios millonarios que non debería precisar levar aos seus traballadores ó límite, pero que na práctica o fai como sistema (porque obviamente lle é rentable), buscando crear un clima de medo e indefensión no que XA NON PODEMOS MÁIS!! É INSOPORTABLE!!!

"Parece mentira que en pleno século XXI nos teñamos que mobilizar para esixir respecto e dignidade, pero así  é. Vendemos a nosa forza se traballo, nin a nosa dignidade, nin a nosa saúde fisica e mental, nin as nosas vidas están en venta. Iso é algo que Mercadona non entende", subliña André Abeledo, delegado da CIG no comité provincial da Coruña.

Neste senso, explica que o persoal está sometido a presións continuadas e a uns ritmos de traballo estresantes para cumprir cos tempos que lles marcan, "imposíbeis de cumprir pola enorme carga de traballo". Isto fai que o persoal estea sometido a unha elevada tensión que ao final acaba derivando en problemas para a súa saúde.

A isto hai que engadir ademais os compartamentos irrespectuosos por parte de determinados mandos "que son humana e laboralmente intolerábeis, pero que Mercadona obvia, consinte e encubre". Un posición patronal que contratasta coa imaxe de empresa modélica que Mercadona vende nos medios de comunicación, malia que a realidade laboral é ben distinta.

Sección Sindical da CIG en Mercadona na Provincia de A Coruña

Enlace novas CIG-Mercadona. | Ir á Web.

CIG Comarcal
Rúa Eduardo Pondal, 41/43 entrechán
15403
Ferrol
981358750
981358760

ferrol@galizacig.gal

Enviado por:
CIG en Mercadona
-cigmercadona@gmail.com-
29 de junho de 2021 11:30

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon