Dende a Sección Sindical da CIG vemonos na obriga de dar resposta na rúa a política de medo e represión de Mercadona.
Nesta vez foi en Culleredo, como antes en Betanzos ou Oza.
Baixo o lema de que "os abusos de poder teñen que morrer", dende a CIG poñemos branco sobre negro a realidade do que supón traballar en Mercadona.
Preocúpanos ver como os traballadores e traballadoras terminan normalizando comportamentos e actitudes dos seus superiores que van máis alá dunha relación laboral, e terminan por afectar gravemente a súa saúde fisica e mental.
Preocúpanos unha carga de traballo que é excesiva, pero tamén a presión a nivel psicolóxico que co tempo deriva en consecuencias sobre a saúde das traballadoras e traballadores.
Denunciamos nesta campaña de mobilizacións que a fama de Mercadona como empresa modélica, e de exemplo a seguir por outras empresas, é algo sustentado só sobre o papel, porque na práctica é máis ben exemplo do que non debería ser unha empresa.
Poñemos sobre a mesa a realidade dunha empresa con beneficios millonarios que non debería precisar levar aos seus traballadores ó límite, pero que na práctica o fai como sistema, buscando crear un clima de medo e indefensión que en moitos casos termina por ser irrespirable e insoportable.
Nestes días estamos a recibir mensaxes de apoio e tamén testemuñas de traballadores e extraballadores de Mercadona de todo o Estado español que nos informan que o que pasa na Provincia de A Coruña non é unha excepción. A diferenza é que en A Coruña está a CIG defendendo os dereitos e os intereses das traballadoras e traballadores, mentres no resto do Estado atópanse orfos de sindicalismo, cando non vendidos.
Como mostra un convenio asinado en Valencia por CCOO e UXT a medida dos intereses da empresa, cunha redacción que deixa aos traballadores practicamente indefensos, e con puntos que atentan contra a conciliación familiar e o dereito básico a enfermar, ou con trampas como unha mal chamada prima de beneficios que non é tal, e funciona como o "pao e a cenoura" da que xa falou John Ford, e se baséase nun examen ou valoración dos traballadores tan subxectiva como inxusta e que na práctica serve como ferramenta de castigo a aqueles traballadores que se atreven a esixir os seus dereitos.
Dende a Cig Mercadona seguiremos traballando e movilizandonos ata conseguir respeto, dignidade e dereitos, algo ao que xamais imos renunciar.
Sección Sindical da CIG en Mercadona na Provincia de A Coruña
Enlace novas CIG-Mercadona. | Ir á Web.
CIG Comarcal
Rúa Eduardo Pondal, 41/43 entrechán
15403
Ferrol
981358750
981358760
ferrol@galizacig.gal
Enviado por:
CIG en Mercadona
-cigmercadona@gmail.com-
28 de junho de 2021 17:44
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon