martes, xuño 29, 2021

Co galego falamos de todo! As revistas en papel - Vídeo - As revistas levan ducias e ducias de anos contando a nosa historia


As revistas levan ducias e ducias de anos contando a nosa historia. Atopabamos artigos en galego en 'Vida Gallega', unha revista que viu saír o seu primeiro número en xaneiro de 1909 cunha portada deseñada por Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. El mesmo tamén formou parte da revista Nós, publicada entre 1920 e 1936. Esta marcaría toda unha xeración da historia do noso.

Trala morte do ditador Franco, volven aparecer novas revistas en galego, moitas delas especializadas. Por exemplo, Braña a revista científica da Sociedade Galega de Historia Natural. Ou mesmo Andaina, a revista galega feminista que botou a andar en 1983.

E hoxe, nacen novas revistas en galego? Como afrontan os desafíos co dixital? Percorremos as librarías, as redaccións e mesmo as facultades... para descubrilo!


Fonte: Nós Televisión. | 26 de xuño de 2021.

Nós Televisión somos unha televisión galega, en galego e centrada no país. Atópanos no dial 119 de R, nas redes sociais en nostelevision.gal.
_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon