Fronte á maternidade idealizada e patriarcal que se nos intenta impor, dende a Plataforma do Feminismo Radical de Galicia queremos falarvos de maternidades reais, maternidades narradas por mulleres feministas.
Transcripción do vídeo:
“Sabemos moito máis do aire que respiramos ou dos mares que atravesamos, que sobre a natureza e significado da maternidade. | Na división do traballo acorde co xénero, os fillos das nais fixeron e dixeron a cultura e inventaron este concepto”. | Adrienne Rich.
"O vínculo tan importante que existe entre ambas, tan potente que é imposible que unha persoa poida cortalo e quedarse tan ancha". | Najat El Hachmi.
“Busco o modo de te acompañar sen estorbo, que sexas ó meu carón feliz e creador de ti, de ti e mailo mundo que apañes”. | Xela Arias.
“A maternidade conquístase, primeiro a través dun intenso rito físico e psíquico de paso -embarazo e parto-, e despois aprendendo a criar, o cal non se sabe por instinto”. | Adrienne Rich.
“Os meus fillos cáusanme o sofremento máis exquisito que tivera experimentado nunca. | A alternativa entre o resentemento amargo e os nervios de punta, e entre a gratificación plena da felicidade e a tenrura.” | Adrienne Rich.
“O sufrimento fronte a todo o que non podemos facer polas nosas fillas e fillos, nunha sociedade incapacitada para responder as necesidades humanas, pode converterse en culpa e autocastigo” | Adrienne Rich.
“Nada que ver coa posesión,
Non te posúo nin quero.
Cóidote, ámote e manteño a esperanza
De aprenderche a te posuires”
Xela Arias.
“Ademais de temporal, a función da maternidade é adventicia: todas as mulleres conciben ideas, pero non todas conciben fillos. O ser humano non é unha árbore froiteira que só se cultive pola colleita”. | Emilia Pardo Bazán.
Plataforma do Feminismo Radical de Galiza
somos@mulleres.gal
https://mulleres.gal/
@PlatafromaDoFeminismoRadicalDeGaliza
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon