Espectacular incendio, despois dunha explosión que se desatou nunha planta química en Rockton, no estado de Illinois, en Estados Unidos. Os bombeiros están tratando de controlar o lume.
Segundo informa o medio de comunicación Univisión Chicago, o Departamento de Bombeiros ordenou a evacuación obrigatoria, que afecta a todos os residentes e negocios ao sur da planta. A empresa confirma que todos os presentes no lugar cando se produciu a explosión están a salvo.
Os accidentes producen-se, é por iso polo que as industrias perigosas teñen que estar lonxe dos núcleos de poboación, e Reganosa e o resto do complexo petroquímico de Punta Promontoiro (Mugardos) están moi próximos aos núcleos de poboación, no corazón da nosa Ría.
A directiva Seveso é a normativa europea e de referencia internacional, como consecuencia dun proceso de estudo e análise que se xerou despois do dramático accidente de consecuencias catastróficas, que se debeu a unha fuga de produtos químicos, que crearon unha nube tóxica de dioxina, na cidade italiana Seveso en 1976, de aí o nome da directiva (Seveso I, II e III), e ten como obxectivo evitar accidentes graves dese tipo.
"Os accidentes industriais con axentes químicos perigosos supoñen unha ameaza significativa para as persoas, os animais e o medio ambiente. Ademais, estas representan grandes perdas económicas. Non obstante, o uso de produtos químicos perigosos en moitas industrias é inevitábel".
"Polo tanto, son necesarias medidas preventivas para minimizar os riscos asociados ao uso destes produtos químicos e para garantir a preparación e a resposta se se producen eses accidentes. A ocorrencia destes accidentes levou á necesidade de definir mecanismos para a súa prevención e control de perigos asociados, así como a creación de limitacións sobre as consecuencias para a saúde humana e o medio ambiente".
E a principal medida preventiva é a localización idónea e máis segura das instalacións, con axentes químicos perigosos, que teñan en conta a seguridade e a vida das persoas. No caso de accidente grave no complexo petroquímico de Punta Promontorio ten todas as probabilidades de causar o que sería o "efecto dominó", no que se advirte na citada Directiva.
Fontes: RTVE, Wikipedia, EUR-LEX, e Apo Partner.
✔ A nova en EuropaPress. Unha forte explosión nunha planta química de EEUU provoca a evacuación de centos de persoas. 15.06.2021 . | Ir á Web.
Desde Ártabra 21 seguimos apoiando a loita do Comité Cidadán de Emerxencia.
O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA
NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E
ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon