venres, xuño 04, 2021

Fronte ó abuso, exprópiese!, ... Por André Abeledo Fernández - Non é unha Pandemia, nin un desastre natural, ou un accidente, é unha consecuencia das políticas neoliberais, é terrorismo de clase


André Abeledo Fernández [*]
04.06.2021


Fronte ó abuso, exprópiese!

Nacionalizar a enerxía, rematar cos abusos da BANCA, debería de ser unha prioridade para un goberno de esquerdas.

O prezo da enerxía disparase como unha metralleta en mans dun macaco tolo, o fixo un 27% no inicio do 2021 en plena ola de frío e o fai agora coa chegada do verán e en plena pandemia.

A factura da luz continúa sendo un xeroglífico indescifrable e mal intencionado.

Os prezos duplícanse unha e outra vez sin explicación. As multinacionais eléctricas abusan sin control, nin freo.

Porque resulta que tamén son o retiro dourado de Presidentes do goberno, Ministros e eurodeputados.

Agora coas novas tarifas por tramos horarios, teremos as horas boas a prezos prohibitivos para ricos e as horas malas máis baratas para que a clase traballadora poida poñer a lavadora, pasar o ferro ou cociñar para o día seguinte, de madrugada.

De todos é sabido que os pobres non precisamos as mesmas horas de descanso que a xente ben.

Dende a esquerda debemos construír unha alternativa a sociedade dos abusos, do medo e da miseria.

Non hai desculpa para un sistema que permite que os nosos maiores e os nosos nenos pasen frío ou perdan a vida nun incendio provocado por unha vela que ilumina a escuridade do seu lar ou unha fogueira que tenta espantar o frío.

A pobreza enerxética é unha traxedia moi real, unha vergoñenta traxedia que causa miles de mortes ó ano no Estado español.

Non é unha Pandemia, nin un desastre natural, ou un accidente, é unha consecuencia das políticas neoliberais, é terrorismo de clase.

Millóns de persoas son vítimas de pobreza enerxética no Estado español. O COVID-19 e a crise económica só fan agravar esta situación.

Vivimos con medo, medo a todo, medo ao presente e ao futuro, a perder o traballo e a non atopalo, a que todo siga igual e a que algo cambie. Medo ao coronavirus, a crise económica e as súas consecuencias.

Debemos exixir a un goberno de unidade que di ser de esquerdas e a un Ministro de Consumo que dise comunista que tome medidas urxentes para defender a cidadanía dos abusos das multinacionais da enerxía.

Como deben defendernos dos abusos da BANCA, que agora vai tentar seguir mantendo os seus beneficios sangrando ós seus clientes con comisións e cargos inxustos.

Unha BANCA que fo rescatada con diñeiro público e que lonxe de devolver o diñeiro do rescate continua «abusando» e facendo «trampas» ós seus clientes, aos mesmos que a rescatamos.

Peche de sucursais que deixan ó rural sin un servizo básico, cobros por mantemento da conta abusivos para os nosos pensionistas, estafas e usura legais para os usuarios forzosos.

Porque non é posible cobrar unha nómina, unha pensión ou unha axuda sin ter unha conta bancaria.

Urxe tomar cartas no asunto, nacionalizar a enerxía e os sectores estratéxicos, facer públicos os servizos básicos e crear unha Banca pública que compita abertamente con a privada, deberían ser prioridades dun goberno realmente de esquerdas.

Fronte ó o abuso, exprópiese, nacionalizar en interese da maioría.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de Persoal da CIG en Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.

Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
4 de junho de 2021 07:43

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon