martes, xullo 06, 2021

A esquerda na Galiza, ... Por André Abeledo Fernández - Negando realidades nunca se atoparon solucións


Por André Abeledo Fernández [*]
06.07.2021


A esquerda na Galiza

Na Galiza a única posición de esquerdas e con un obxectivo claro esta no campo nacionalista.

A única defensa dos intereses das galegas e galegos enmarcada nun proxecto de país para a Galiza vén dende o nacionalismo.

A realidade galega non é a de Catalunya ou Euskadi e tampouco a do Estado español.

O nacionalismo na Galiza é historicamente de esquerdas, e por desgracia a esquerda do Estado español nunca contou, nin conta con Galiza, nin a trata en pé igualdade, nin a respeta como as outras nacións do Estado, nin fai o menor esforzo por entendela.

Cos anos e cos danos dinme conta da necesidade de manter certa distancia e de tentar ter unha visión o máis global posible fuxindo de ver cos ollos do sectarismo ou do curto prazo.

Cando un se afasta da política organizada ou de partidos, ten a oportunidade de abrir o seu campo de visión, de asumir erros, e tamén de facer unha lectura ao meu entender máis xusta e sosegada.

Galiza é sen dúbida unha nación, non entendo como aínda se pode negar esa realidade, cumprimos con creces tódolos requisitos, temos unha lingua, unha cultura, e unha historia propias.

Entendo que a dereita e a ultradereita defendan a unidade nacional da "una, grande y libre", herdanza do franquismo, como bandeira e ferramenta para que ninguén cambie na xerarquía oligárquica do poder de Estado.

Pero resúltame incomprensible que unha parte da esquerda Estatal negue a realidade plurinacional do Estado español.

O recoñecemento do dereito de autodeterminación é sen dúbida esencial para que os Estados non se convertan en cárceres de pobos.

Galiza é sen dúbida unha nación, non entendo como aínda se pode negar esa realidade, cumprimos con creces tódolos requisitos, temos unha lingua, unha cultura, e unha historia propias.

O mesmo pasa con Catalunya ou Euskadi, é tanxible o feito diferencial, algo que non debería ser visto como unha ameaza, tan só é unha realidade.

Non existe un problema catalán, nin galego, nin vasco, existe en todo caso unha “realidade” ou “singularidade” a que temos que dar resposta política.

O continuo ataque do Estado español a nación galega ten o seu máis claro expoñente no maltrato ao noso idioma, no intento de rebaixar a súa categoría a un segundo idioma, e dende unha parte da dereita máis rancia pretender que o idioma galego é un dialecto.

O noso idioma forma parte fundamental da nosa identidade, o galego foi sempre o idioma da clase traballadora galega, foi lingua de resistencia, e continua resistindo en condicións moi difíciles.

O galego foi atacado e aldraxado durante séculos. E hoxe en día en moitos ámbitos da vida diaria da Galiza, o noso idioma segue a ser un estranxeiro na súa propia terra.

O galego foi sempre a lingua da clase traballadora galega, o idioma da resistencia dun pobo que quería seguir falando o seu idioma para non deixar de ser.

Hoxe en día falar galego na Galiza continúa sendo un acto de reivindicación e rebeldía fronte o nacionalismo español casposo herdado do franquismo.

O galego continua precisando dunha discriminación positiva, ten que ser coidado, mimado, e reforzado para recuperarse das feridas de tantos anos de oprobio.

O galego é o noso tesouro, e Galiza é unha nación, un pobo cunha identidade de seu, temos unha cultura, unha historia e un idioma propios, estas características fannos galegos.

Todas as linguas, todos os idiomas, son igual de importantes, naceron despois dun longo proceso e a súa perdida é sempre irreparable.

É importante ter sempre presente como ben dixo Castelao que “Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma”.

Negando realidades nunca se atoparon solucións.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Membro da Sección Sindical da CIG en Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.

Enviado por:
André Abeledo Fernández
andre1474@gmail.com
4 de julho de 2021 18:30

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon