martes, xullo 20, 2021

A mín non me fales mal de Cuba, ... Por André Abeledo Fernández


Por André Abeledo Fernández [*]
20.07.2021


A mín non me fales mal de Cuba

A eses cubanos que hoxe apoian o discurso das oligarquías estranxeiras contra a súa patria, contra o seu propio pobo, contra a revolución, dígolles que Roma non paga traidores, non haberá ningún pastel que repartir, nin faragullas que recoller. Agora non sodes nada, xa non tedes nin patria.

Cuba comparada con Haití, Colombia, Honduras, Guatemala, cos países do seu entorno, a pesar do bloqueo e da guerra económica é un oasis e un exemplo.

Cuba é un exemplo de solidariedade internacionalista, manda médicos onde outros mandan bombas, ten apoiado por todo o mundo aos pobos que loitan contra a opresión e o imperialismo.

Grazas ó apoio sobre o terreo de Cuba, Angola puido vencer e expulsar ó exército do apartheid Sudafricano, e esa derrota foi o principio do fin do apartheid en Sudáfrica e supuxo a independencia de Angola.

Nelson Mandela dixo sobre Fidel Castro e a revolución cubana:

"Dende os seus primeiros días, a revolución cubana ten sido unha fonte de inspiración para tódalas persoas que valoran a liberdade. Admiramos os sacrificios do pobo cubano no mantemento da súa independencia e soberanía ante a cara da viciosa e orquestrada campaña imperialista para destruír a impresionante forza da revolución cubana. ¡Viva a revolución cubana! ¡Viva o camarada Fidel Castro!".

Esa pseudo esquerda progre que se esconde a hora de defender a revolución cubana e os seus logros, que se avergoña da brillante historia da revolución cubana, esa non é esquerda, nin é nada.

Como dixo Fidel Castro "Cuba é unha pequena illa que ten feito unha gran revolución".

Estou moi de acordo coa opinión de Eduardo Galeano sobre Cuba:

"Nunca confundín a Cuba co paraíso. Por que vou a confundila, agora, co inferno? Eu son un máis entre os que creemos que se pode querer sin mentir nin calar.
Fai máis de CINCUENTA anos que o veto imperial aplícase de mil maneiras, para
impedir a realización do proxecto da Serra Maestra
".

"A Cuba dítanlle cursos de dereitos humanos quen asubían e miran cara outro lado cando a pena de morte se aplica noutros países de América e aplícase non de
cando e vez, senón de maneira sistemática: queimando negros nas cadeiras eléctricas de Estados Unidos, masacrando indios nas serras de Guatemala e abatendo nenos nas rúas de Brasil.

Deixa de ser admirable a porfiada valentía desta illa minúscula, condenada a
soidade, nun mundo onde o servilismo é alta virtude ou proba de talento? Un
mundo onde quen non se vende, alugase?

Fidel Castro é un símbolo de dignidade nacional. Para os latinoamericanos, que xa
estamos cumprindo cinco séculos de humillación, un símbolo entrañable
".

De Cuba o que temen as oligarquías é o seu exemplo de valor e resistencia, por ese motivo os matóns do poder adícanse a mentir e difamar a revolución cubana sin descanso.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Membro da Sección Sindical da CIG en Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.

Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
18 de julho de 2021 17:52

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon