Amosando publicacións coa etiqueta #CubaResiste. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #CubaResiste. Amosar todas as publicacións

mércores, marzo 16, 2022

A xornalista e profesora de comunicación cubana Dixie Edith estará de xira pola Galiza neste mes de marzo, en Ferrol, organizada pola Marcha Mundial das Mulleres, será no Ateneo Ferrolán, o venres 25 de marzo, ás 7 da tarde

 



Cuba: mulleres e revolución!

A xornalista e profesora de comunicación cubana Dixie Edith Trinquete Díaz estará de xira pola Galiza neste mes de marzo, non vos perdades as charlas!

👉 23 Marzo ás 19.30h Compostela
Organizada pola Marcha Mundial das Mulleres e Tamborililás Compostela - Batukada Transfeminista na Casa do Peixe
https://csadosar.wordpress.com/

👉 24 Marzo ás 19.30h Vigo
Organizada pola Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil e a Marcha Mundial das Mulleres na sede da Francisco Villamil.

👉 25 Marzo ás 19h Ferrol
Organizada pola Marcha Mundial das Mulleres no Ateneo Ferrolán.
A xira é posíbel grazas ao Movemento de Solidariedade con Cuba.

#Cuba #MulleresERevolución #MulleresCubanas #NonAoBloqueo
_______

domingo, novembro 21, 2021

A Ditadura do Algoritmo, de Javier Gómez Sánchez - Documentario - Vídeo


A Ditadura do Algoritmo

O arribo de Internet a Cuba supuxo un cambio na vida da nosa sociedade. Cambiaron os xeitos nas que nos relacionamos, accedemos á información, investigamos e modificamos a nosa contorna. Xa que logo, é hora de poñer en cuestión que está pasando en Cuba con Internet.


Título orixinal: A ditadura do algoritmo (La dictadura del algoritmo).
Ano: 2021
Duración: 52 min.
País: Cuba
Dirección: Javier Gómez Sánchez.
Música: Darián Perdomo.
Fotografía: Jorge Frías.
Reparto: Documental.
Productora: RTV Comercial.
Xénero: Documentario | Mediometraxe. Internet / Informática. Redes sociais Sinopsis: Documentario que analiza o impacto das redes sociais en Cuba, desde o seu funcionamento e efecto psicolóxico nos usuarios, ate expoñer o seu uso como ferramenta principal na guerra de cuarta xeración que desenvolve o goberno dos Estados Unidos para lograr unha influencia política sobre a sociedade cubana.
Canle: La Dictadura del Algoritmo.

#CubaResiste.
#CubaSocialista.
#LaDictaduraDelAlgoritmo.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
17 de novembro de 2021 22:25

_______

xoves, xullo 22, 2021

A posverdade contra Cuba, ... Por Ignacio Ayestarán Úriz

Por Ignacio Ayestarán Úriz [*]
22.07.2021


O luns 12 de xullo un presentador de televisión en España preguntábase Que está pasando en Cuba? e pedía que nos asomásemos á etiqueta da campaña #SOSCuba. O presentador engadía: "E veredes unha realidade que polos medios non coñecemos". Para ilustrar esa realidade descoñecida o programa "Todo é mentira" ensinou repetidas veces dous tuits con vídeos, onde se parecía suxerir que se estaba producindo un cambio radical no país caribeño ou algo similar. Con todo, os dous vídeos que se emitían constantemente non se correspondían coa realidade. Un era unha manifestación de apoio ao goberno cubano e o outro era unha praza abarrotada de xente celebrando en Bos Aires que Arxentina gañara a Copa América de fútbol o día anterior. A realidade dos dous vídeos non coincidía coa mensaxe que se quería transmitir de alarmismo sobre o pobo cubano.

Fredric Jameson escribiu que é máis fácil imaxinar o fin do mundo que o fin do capitalismo. Nas democracias liberais dominantes iso é unha verdade. Un dos logros do (neo)liberalismo foi atrofiar a imaxinación e reducir as posibilidades para crear un mundo alternativo e oposto ao capital. Quérellenos impoñer unha única realidade: a do capitalismo. Neste sentido Mark Fisher chegou a falar de "realismo capitalista". Para poder impoñer o mercado do capital teñen que desenvolver toda a súa capacidade ideolóxica, desde a educación e as eleccións ate o xornalismo e a cultura, a fin de facernos crer que non existen outras posibilidades e alternativas. Así se nos transmite unha única realidade, a do realismo capitalista.

Para iso teñen que anular calquera outro tipo de realidade existente que non concorde coa propaganda dominante do capital. Por iso molesta tanto Cuba. Ese país non encaixa coa imaxe da realidade dominante que nos queren transmitir desde as democracias liberais do espazo atlantista do capital. Sempre foi un territorio que non cabe na ideoloxía da "América" dos gobernos de Estados Unidos.

Que en Cuba haxa múltiples problemas na política e nas formas de gobernar é algo que non se lle escapa a ninguén, do mesmo xeito que ocorre noutros moitos países, por non dicir todos. Agora ben, o obxectivo dunha campaña como #SOSCuba non é apuntar nesa dirección, senón erosionar e desgastar internacionalmente a lexitimidade e o prestixio de Cuba, así como desestabilizar a súa soberanía. Así, por caso, queren-nos transmitir que é un país "atrasado", especialmente durante a epidemia do Covid-19, pero os datos non indican iso. Si miramos as cifras de mortes confirmadas por millón de habitantes, Cuba está moito mellor que outros países. En Estados Unidos a cifra de mortes por millón é 1.837, en Reino Unido 1.897, na Unión Europea 1.667, en Sudamérica 2.424 e en Cuba só 146. Poño a continuación as cifras exactas de mortes por millón de habitantes en diversos lugares do mundo segundo expón Our World in Data con data de 14 de xullo, para comprobar que a realidade de Cuba foi moito mellor que a doutros países na epidemia:

  • Alemania 1.090,02
  • Arxentina 2.218,13
  • Brasil 2.528,21
  • Chile 1.781,16
  • Colombia 2.247,06
  • Costa Rica 950,51
  • Cuba 146,47
  • España 1.733,36
  • Estados Unidos 1.837,19
  • Francia 1.651,89
  • Hungría 3.106,82
  • Italia 2.114,24
  • México 1.826,59
  • Países Baixos 1.053,70
  • Perú 5.906,61
  • Portugal 1.685,05
  • Reino Unido 1.897,25
  • Rusia 979,05
  • Sudamérica 2.424,24
  • Unión Europea 1.667,47

O mundo da posverdade preferirá mirar cara ás últimas declaracións do presidente de Estados Unidos, Joe Biden, quen afirma que apoia ?os dereitos fundamentais e universais? do pobo cubano, mentres nesa illa mantén ocupado baixo dominio estadounidense un territorio coa base militar de Guantánamo, onde se realizaron prácticas inhumanas de tortura que van contra os dereitos máis fundamentais e universais.

O mundo da posverdade e do capital apoiará todo o que diga Joe Biden e pedirá agora máis "liberdade" para Cuba, pero omitirá que o 23 de xuño volveuse a aprobar na Asemblea Xeral de Nacións Unidas unha resolución de rexeitamento ao bloqueo que Estados Unidos mantén contra Cuba. A resolución obtivo esta vez 184 votos a favor, dous en contra (Estados Unidos e Israel) e tres abstencións (Colombia, Brasil e Ucrania). Ningún país alienado coas democracias liberais do capital no espazo atlantista pedirá agora máis "liberdade" para acabar co bloqueo de alimentos e subministracións que sofre o pobo cubano.

No mundo da posverdade todos pediranlle a Cuba máis "democracia" e chamarano "réxime", que é a forma de expresión que adoptan os medios de produción de información do capital cando queren desestabilizar un país e restar crédito e lexitimidade ao seu goberno. Con todo, a eses mesmos medios non se lles ocorrerá chamar "réxime" a un país como Francia, onde a abstención nas eleccións rexionais de 2021 chegou ao 65%: dous de cada tres persoas convocadas a votar non o fixeron. Ninguén cuestiona entón que Francia sexa "democrática". Tampouco ninguén chamará "réxime" a Estados Unidos onde os casos de violencia policial son unha normalidade democrática, nin tampouco se dirá que Colombia é un "réxime", onde as persoas desaparecidas durante o paro nacional de maio de 2021 cóntanse por decenas. No mundo da posverdade hai verdades que non interesan e outras que se enmarcan e publicitan xunto con medias verdades e mentiras completas, a condición de que sirvan para os intereses do capital e dos seus medios de produción de información. A este tipo de situación chámano o "mundo libre".

[*] Ignacio Ayestarán Úriz, Profesor do Departamento de Filosofía da Universidade do País Vasco (UPV/EHU).

Fonte: El Común -18 de Xullo de 2021 | Eulixe - 21.07.2021.

Foto: Juan Teixeira.
_______

martes, xullo 20, 2021

A mín non me fales mal de Cuba, ... Por André Abeledo Fernández


Por André Abeledo Fernández [*]
20.07.2021


A mín non me fales mal de Cuba

A eses cubanos que hoxe apoian o discurso das oligarquías estranxeiras contra a súa patria, contra o seu propio pobo, contra a revolución, dígolles que Roma non paga traidores, non haberá ningún pastel que repartir, nin faragullas que recoller. Agora non sodes nada, xa non tedes nin patria.

Cuba comparada con Haití, Colombia, Honduras, Guatemala, cos países do seu entorno, a pesar do bloqueo e da guerra económica é un oasis e un exemplo.

Cuba é un exemplo de solidariedade internacionalista, manda médicos onde outros mandan bombas, ten apoiado por todo o mundo aos pobos que loitan contra a opresión e o imperialismo.

Grazas ó apoio sobre o terreo de Cuba, Angola puido vencer e expulsar ó exército do apartheid Sudafricano, e esa derrota foi o principio do fin do apartheid en Sudáfrica e supuxo a independencia de Angola.

Nelson Mandela dixo sobre Fidel Castro e a revolución cubana:

"Dende os seus primeiros días, a revolución cubana ten sido unha fonte de inspiración para tódalas persoas que valoran a liberdade. Admiramos os sacrificios do pobo cubano no mantemento da súa independencia e soberanía ante a cara da viciosa e orquestrada campaña imperialista para destruír a impresionante forza da revolución cubana. ¡Viva a revolución cubana! ¡Viva o camarada Fidel Castro!".

Esa pseudo esquerda progre que se esconde a hora de defender a revolución cubana e os seus logros, que se avergoña da brillante historia da revolución cubana, esa non é esquerda, nin é nada.

Como dixo Fidel Castro "Cuba é unha pequena illa que ten feito unha gran revolución".

Estou moi de acordo coa opinión de Eduardo Galeano sobre Cuba:

"Nunca confundín a Cuba co paraíso. Por que vou a confundila, agora, co inferno? Eu son un máis entre os que creemos que se pode querer sin mentir nin calar.
Fai máis de CINCUENTA anos que o veto imperial aplícase de mil maneiras, para
impedir a realización do proxecto da Serra Maestra
".

"A Cuba dítanlle cursos de dereitos humanos quen asubían e miran cara outro lado cando a pena de morte se aplica noutros países de América e aplícase non de
cando e vez, senón de maneira sistemática: queimando negros nas cadeiras eléctricas de Estados Unidos, masacrando indios nas serras de Guatemala e abatendo nenos nas rúas de Brasil.

Deixa de ser admirable a porfiada valentía desta illa minúscula, condenada a
soidade, nun mundo onde o servilismo é alta virtude ou proba de talento? Un
mundo onde quen non se vende, alugase?

Fidel Castro é un símbolo de dignidade nacional. Para os latinoamericanos, que xa
estamos cumprindo cinco séculos de humillación, un símbolo entrañable
".

De Cuba o que temen as oligarquías é o seu exemplo de valor e resistencia, por ese motivo os matóns do poder adícanse a mentir e difamar a revolución cubana sin descanso.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Membro da Sección Sindical da CIG en Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.

Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
18 de julho de 2021 17:52

_______

xoves, xullo 15, 2021

Os mesmos contra Cuba, ... Por André Abeledo Fernández


Por André Abeledo Fernández [*]
15.07.2021


Os mesmos contra Cuba

Os que apoian con silencios cómplices a venda de armas as ditaduras de Arabia Saudí, Marrocos e moitos outros, son os mesmos que están falando mal de Cuba.

Os mesmos xornalistas, tertulianos e políticos que dan as costas a represión e ós asasinatos de manifestantes en Colombia, agora falan de Cuba, nin lavándose a boca quitase-lles o olor a cloaca.

O réxime cubano detén a unha "activista" que estaba en directo cun programa de TV no Estado español.

Pero antes de detela moi amablemente deixan-lle volver a despedirse e mandar un mensaxe contra o goberno cubano.

Si fose en Colombia aparecería torturada, violada e decapitada en 36 horas, como pasa en Colombia cada día co silencio cómplice de Occidente.

Pero tranquilos, é Cuba, e non lle pasará nada.

Parece mentira que os mesmos que ordenan que nos den de hostias cando defendemos os nosos dereitos, os nosos empregos, ou tentamos de parar o desahufizamento dunha familia no Estado español, sexan os que esixen liberdade de manifestación en Cuba.

Os mesmos que falan das necesidades e carencias do pobo cubano mentres sacan importancia a un bloqueo ilegal e criminal que dura décadas.

Por que non levantan o bloqueo si non serve?, vai ser que o pobo cubano, que as vidas dos cubanos, importan-lles unha merda. Solo importa o obxectivo de poñer de xeonllos a Cuba.

"O bloqueo criminal que nos promete endurecer multiplica o honor e a gloria do noso pobo, contra o cal estrelaran-se os seus plans xenocidas" | Fidel Castro Ruz (2002).

🇨🇺 #CubaResiste

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Membro da Sección Sindical da CIG en Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.

Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
14 de julho de 2021 12:23

_______

En Guantánamo o pobo respondeu ás manifestacións de desacreditar á Revolución Cubana. Sobre o acontecido esta tarde versa o seguinte reporte


En Guantánamo o pobo respondeu ás manifestacións de desacreditar á Revolución Cubana. Sobre o acontecido esta tarde versa o seguinte reporte. Máis información en www.canalcaribe.icrt.cu

Síguenos tamén en redes sociais:
Twitter: https://twitter.com/CanalCaribeCuba
Facebook: https://www.facebook.com/CanalCaribeCuba

_______