Por André Abeledo Fernández [*]
14.07.2021
Cuba fronte ó bloqueo, a inxerencia estranxeira e a hipocrisía de Occidente
Os mesmos periodistas, tertulianos e políticos que dan as costas á represión e os asasinatos de manifestantes en Colombia, agora falan de Cuba, nin lavándose a boca quitase-lles o olor a cloaca.
En Colombia tódolos días aparecen cadáveres torturados, mutilados ou decapitados pero eso ós mamporreros do poder non lles importa.
Son os mesmos mamporreros que non dicían nada cando en Chile disparaban ós ollos ós manifestantes para deixar tortos a decenas de xoves.
Os mesmos acostumados a mirar cara outro lado e que agora poñen a súa ollada hipócrita sobre Cuba.
Non din nada contra un bloqueo ilegal, brutal e xenocida que se endureceu en plena pandemia tentando provocar unha catástrofe humanitaria.
As vidas do pobo cubano danlles igual, o obxectivo é destruír a Cuba como exemplo de resistencia anti-imperialista.
O único pecado de Cuba é ter feito unha Revolución Socialista nos fociños dos Estados Unidos, o desproporcionado castigo que EEUU ten infrinxido a esta pequena illa do Caribe cun ilegal e criminal bloqueo e innumerables provocacións e agresións, entre os que está o intento de invasión militar a modo de desembarco en Playa Girón.
Cuba sufriu un castigo desproporcionado ademais de inxustificado, si pensamos que Cuba nunca ten agredido a EEUU, nin sequera Vietnam, onde perderon a vida miles de soldados norteamericanos, ten sufrido un bloqueo tan longo e brutal.
Estados Unidos e a CIA saben que Cuba, esa pequena illa que foi patio traseiro de EEUU, fixo unha gran revolución que lle devolveu a soberanía e a converteu nun exemplo e espello do mundo. Dende entón ten intentado derribala, afogala, porque ese exemplo do moito que se pode facer con moi pouco asusta-lles, non vaia a ser que se contaxie o exemplo por América e o mundo.
Unha verdade indiscutíbel dos logros da revolución cubana e unha frase para a historia dita por Fidel Castro, "hoxe millóns de nenos en todo o mundo durmirán na rúa, en Cuba ningún".
Cando se di hipocritamente que o goberno cubano obriga aos seus profesionais formados gratuitamente nas súas universidades a traballar durante dous anos para o Estado "esquecen-se" de que aquí se chama contrato en prácticas e que se traballa para unha empresa privada que non ten pagado os estudos, nin dado sanidade e unha casa onde vivir; "esquecen-se" de que moitas traballadoras e traballadores non poden pagarlles os estudos universitarios aos seus fillos e fillas, esquecen-se da parte que lles interesa.
Cando se compara que din que en Cuba se tortura teñen razón, para ser exactos na base militar norteamericana de Guantánamo. Si os Norteamericanos queren realmente acabar coa tortura en Cuba teñenno fácil: que pechen a base e devolvan o territorio o seu lexítimo propietario, o pobo cubano.
Cando compárase a Cuba co mal chamado "primeiro mundo", "esquecen-se" da súa situación xeográfica e de comparar a Cuba cos seus veciños, República Dominicana, Haití, México, Belice, Guatemala, Honduras e un longo etc…
En Cuba non hai desahfiuzamentos, non hai mendigos, non existe a desnutrición infantil, erradicou o analfabetismo, teñen a maior proporción de médicos por cada mil habitantes, sanidade e educación gratuítas e universais … a mín non me fales mal de Cuba.
Cuba envía médicos a calquera país do mundo que o necesite.
Cuba é sempre o primeiro país en ofrecer axuda humanitaria en resposta a unha catástrofe.
Cuba nin invade, nin bombardea a outras nacións. Non constrúe muros, non trafica con armas, drogas ou seres humanos.
Pero a Cuba chaman-lle ditadura e manteñen un bloqueo porque temen o seu exemplo.
Cuba Socialista ten sobrevivido a máis de 60 anos de bloqueo e guerra económica sin deixar de investir no benestar do seu pobo e conseguindo manter as conquistas da revolución.
Cuba conseguiu baixar a mortalidade infantil de 42% a tan só un 4%, un dato que pon a Cuba a cabeza a nivel mundial.
Cuba Socialista forma máis de 130 mil médicos, garantindo 1 médico por cada 130 persoas, co maior índice de médicos per cápita do mundo.
En Cuba socialista creouse a maior Facultade de Medicina do Mundo, graduando 1.500 médicos estranxeiros por ano, con 25.000 médicos graduados de 84 nacións.
Cuba Socialista envía máis de 30 mil médicos a colaborar en máis de 68 países do mundo sumando perto de 600.000 misións.
O pobo cubano ten o honor de ter logrado ser a única nación latinoamericana sin desnutrición infantil.
A pesar do ilegal bloqueo Cuba crea vacinas contra o COVID-19, contra o Cáncro e continúa investindo en investigación, conseguindo fabricar novos fármacos libres de patentes.
Cuba Socialista ten logrado que a súa poboación teña 79 anos de esperanza de vida ao nacer, un dato moi por acima da media latinoamericana.
Cuba Socialista eliminou o analfabetismo en tan só un ano, un fito histórico, o modelo de alfabetización cubano ten sido utilizado por todo o mundo.
En Cuba Socialista o porcentaxe de escolarización é do 100%, a educación é universal e gratuita en tódalas súas etapas.
Cuba ten logrado ser o único país que erradica a transmisión madre-fillo do VIH.
Cuba é o único país latinoamericano sen problema de drogas.
Cuba é o único país do mundo que cumpre a sostibilidade ecolóxica.
Os deportistas cubanos teñen logrado ter a maior cantidade de medallas olímpicas de Latinoamérica.
Como dixo Fidel na “Plaza de la Revolución”, “hoxe millóns de nenos durmirán na rúa en todo o mundo, en Cuba ningún”, e o cumpriu.
De Cuba temen o exemplo e por ese motivo os mamporreros do poder dedícanse a mentir e difamar a revolución cubana sin descanso.
Ningunha revolución pode facerse sin o pobo, ningún goberno revolucionario pode manter o poder sin o apoio dunha amplía maioría social.
Tampouco ningunha ditadura do mundo houbese resistido sin os apoios das oligarquías nacionais e internacionais.
A ditadura de Franco no Estado español, de Trujillo na República Dominicana, de Batista en Cuba, de Pinochet en Chile, as ditaduras militares de Arxentina ou Brasil nunca houbesen podido soportar un bloqueo económico como o fan Cuba ou Venezuela.
Porque esas dictaduras no tiñan o apoio social suficiente, pero puideron sosterse ca complicidade e o apoio dos EEUU e os seus satélites.
Cuba e Venezuela son exemplo de como a decisión dun pobo a resistir e defender o seu u modelo, a súa soberanía e a súa su revolución, da-lles unha forza capaz de enfrontarse unidos a calquera adversario exterior ou interior.
Tamén teñen demostrado como o socialismo funciona, en plena pandemia do COVID-19 Cuba e Venezuela teñen controlado o coronavirus dun xeito eficiente e exemplar.
Fan-no a pesar do endurecimento do brutal e ilegal bloqueo económico o que son sometidos polo imperialismo Ianqui e os seus mamporreros.
A pesar de estar loitando contra unha pandemia e un bloqueo. Os exércitos de médicos cubanos seguen chegando alá onde os necesitan.
Os médicos cubanos teñen loitado contra o COVID-19 en Europa, América, África…
Tamén os seus sus equipos de investigación traballan para atopar vacinas e fabrican medicamentos para loitar contra pandemias e epidemias.
Sin dúbida Cuba e Venezuela son un exemplo de solidariedade internacional, de resistencia, de loita, de valor e de sacrificio.
Pero supoño que como sempre todo vale contra Cuba.
Occidente os quere vivos ou mortos, provocar desabastecemento en plena pandemia, de medicamentos, de comida, de combustíbel, para tentar que a Revolución Cubana claudique por fame, por morte, ou por un baño de sangue.
Eu estou con Cuba e con a verdade.
[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Membro da Sección Sindical da CIG en Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.
Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
13 de julho de 2021 22:06
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon