A boa vontade e o importante traballo social da asociación "Provivenda", contrasta coa mala política en vivenda do goberno municipal de Ferrol. O que non di o Alcalde Ángel Mato e a concelleira de Benestar Eva Martínez, que en Ferrol o Concello, ten un parque municipal de 1.000 vivendas públicas protexidas, con máis de 100 vivendas baleiras tapiadas e cada vez que unha inquilina entrega a chave, unha cuadrilla municipal corre a tapiar a porta da vivenda, independentemente de que esta vivenda que queda baleira estea ou non en condicións de habitabilidade. Mentres un centenar de persoas segue agardando desde hai unha década nunha lista municipal, para que se lle adxudique unha desas vivendas. Mais benvinda sexa a iniciativa se pode paliar os problemas de vivenda dalgunha persoa sen fogar.
Grazas ao financiamento do Concello de Ferrol, a Asociación Provivienda pon en marcha o programa "Vivendas para a inclusión de persoas sen fogar".
Con este proxecto dáse luz verde a dúas vivendas de transición á vida autónoma para persoas usuarias do albergue municipal ou que veñan derivadas da mesa técnica de atención a persoas sen fogar. Estas vivendas darán resposta a oito persoas que accederán a unha vivenda compartida con acompañamento profesional para continuar avanzando no seu proxecto de vida a través dun aloxamento estable.
O Concello de Ferrol aposta polo labor de Provivienda para dar resposta ás necesidades das persoas en situación de rúa ou vulnerabilidade residencial dende o dereito á vivenda.
A Asociación Provivenda en Galicia poñerá en marcha o programa "Vivendas para a inclusión de persoas sen fogar" cun triplo obxectivo:
- Facilitar o acceso a unha vivenda autónoma para persoas en situación de sinfogarismo.
- Ofrecer un alugueiro seguro e cómodo ás persoas que teñan vivenda en propiedade.
- Impulsar o dereito á vivenda.
Para o desenvolvemento do proxecto Provivenda conta co apoio de Emaús Fundación Social dentro da alianza existente entre ambas as entidades en Galicia.
Aluguer con valor social
Desde hai 31 anos traballamos para que, ademais dun valor económico, as vivendas teñan valor social, porque non é unha mera transacción comercial, é contribuír a que o lugar no que vivimos sexa máis xusto, máis digno e respectuoso cos dereitos de todas as persoas.
Para as persoas propietarias son moitos os incentivos de alugar a súa vivenda con Provivenda:
- Realizamos o inventario fotográfico do inmóbel.
- Formalizamos o contrato de arrendamento.
- Garantimos a cobranza da renda de alugueiro.
- Contratamos un seguro multirrisco do fogar, abonando o seu custo durante o primeiro ano do contrato.
- Xestionamos e abonamos o Certificado de Eficiencia Enerxética.
- Proporcionamos axudas para a adecuación da vivenda.
- Facilitamos o asesoramento, mediación e seguimento durante toda a vixencia do contrato.
✅ PARA PROPIETARIAS DE VIVENDA PARA ALUGAR:
Si queres alugar a túa vivenda en Ferrol, escribe a pinoro@provivienda.org o llama al 627 350 763.
Fonte: Asociación Provivenda en Galicia.
→ Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
→ Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
→ No facebook
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra
Todos os luns (Menos festivos), vemo-nos en Caranza, pola tarde entre as 5 e as 7 da tarde, no local da Asociación Fuco Buxán (Local Social Tino Deibe, Rúa Armada Española, 32 Baixo). Estamos xente de Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra. se queres participar achega-te! - No caso de Urxencia chama ao 645158113
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon