Non sei se vostede esta o corrente do que está a acontecer a día de hoxe nas nosas aldeas, e é que hai un movemento que pretende que se escoite a nosa voz. Un movemento que intenta paralizar o que vemos repetido na historia unha e outra vez. Fanse proxectos co único fin de acadar subvencións sen importar a quen se levan por diante. E esta vez temos algo que dicir: Ortigueira di Non!
ORTIGUEIRA DI NON realizou unha concentración diante do Concello o día do pleno extraordinario que tivo lugar o pasdo 9 de setembro, que se suma ás distintas formas de protesta que están a ter lugar nas últimas semanas, incluído "os roteiros reinvindicativos" que tiveron lugar o domingo5 de setembro e que finalizaban nun marco incomparable, Monasterio de Caaveiro, corazón das Fraguas do Eume onde estes muíños xigantescos tamén chegarían.
Esta plataforma é unha asociación veciñal e apolítica que emerxeu para loitar contra o proxecto Parque Eólico Barqueiro, un dos seis proxectos que ocuparían parte da zona de Ferrol Terra, Ortegal e Mariña.
O aluvión de proxectos eólicos débese ás axudas Next Generation que a Unión Europea está a conceder e ao afán das empresas por conseguir os fondos europeos.
ORTIGUEIRA DI NON está a favor das enerxías renovables. Pero considera que non se poden vulnerar os nosos dereitos e saltarse a lei vixente. Non se pode permitir a instalación de aeroxeradores de 200 metros a 300 metros das casas como se pretende, a destrución da nosa paisaxe, que é máis que un reclamo turístico para nós, sen un estudo tan básico como o de acuíferos, por exemplo. E moito menos permitir o espolio das terras dos nosos veciños. Todo iso para que se lucre unha empresa privada e nós os galegos, nin sequera a nosa comarca, teñamos ningún beneficio máis que a destrución da nosa contorna.
Cremos que como mínimo se debe informar á xente para que teñamos unha idea real do que todo isto significaría para a nosa comarca. E evitando así o botar as mans a cabeza unha vez que o mal xa esta feito.
Lucía Bermúdez Blanco, en representación
PLATAFORMA VECIÑAL ORTIGUEIRA DI NO
No facebook.
✅ Manifesto de Caaveiro - Por unha transición enerxética xusta e sustentable - 05.09.2021 | En formato pdf, 6 páxinas. | Baixar/Acceder.
Info baseada na enviada por:
Ortigueira Di Non
-ortigueiradinon@gmail.com-
7 de setembro de 2021 22:14
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon