sábado, decembro 18, 2021

Concerto d'Os Peregrinos, este luns 20 de decembro ás 8 da tarde no Ateneo Ferrolán - Singular dúo de pop galaico, para máis inri acompañados de dous fermosos e talentosos músicos coma son Silvia Fralleoni e Sergio Galego



Os Peregrinos no Ateneo Ferrolán

luns día 20 de decembro de 2021 ás 20 h. no Ateneo Ferrolán

Os Peregrinos ofrecerán un par de concertos antes de nadal en Galicia, onde deleitarán como só eles saben facelo, nunha mistura de traballo coordinado, improvisación e providencia divina, con algúns dos seus clásicos -como poden ser Polbo á mugardesa, Playa (yo y mi sombra), Náufragos ou o seu recente EP inspirado en poemas de Rosalía de Castro, así como algunhas versións dos seus favoritos (Vainica Doble, Love, Gino Paoli)- ao público asistente os vindeiros 18 e 20 de decembro en 'A Ventana de Laxe' e o 'Ateneo Ferrolán', respectivamente.

Nin que dicir ten que a ocasión é única para gozar deste singular dúo de pop galaico, para máis inri acompañados de dous fermosos e talentosos músicos coma son Silvia Fralleoni e Sergio Galego. E ti, queres peregrinar a algún destes actos músico-festivos?

#Ateneo #SomosCultura #Libros #ClubDeLectura #Ferrol #Galiza

Ateneo Ferrolán
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055 | Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)
@ateneoferrolan | Blogger | Facebook | Faite soci@ on line! | Colabora con nos!

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-secretaria@ateneoferrolan.org-
17 de dezembro de 2021 12:28

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon