André Abeledo Fernández [*]
25.01.2022
Van a devolver máis de 1.000 bens dun listado de 35.000. ¿E temos que dar as grazas por iso?. ¿Que pasa cos outros 34.000?.
En total son uns 10.0000 bens roubados de toda índole, dende mesquitas, ata terreos, pisos, casas, igrexas, cemiterios, edificios e suma e segue.
A igrexa ten roubado, ten usurpado, ten mentido e todo iso non é moi cristián.
A igrexa católica é a maior inmobiliaria de España, desvergoñadamente.
Usurpación indebida se lle chama a este roubo perpetrado grazas ao goberno, moi especialmente ao goberno de Aznar que converteu aos Bispos en rexistradores da propiedade que usaron ese poder para enriquecerse.
Unha igrexa católica española que non paga IBI como o temos que facer todos os cidadáns, sáelle de gratis ha manter e ampliar o seu patrimonio a base de "roubos legais".
Unha igrexa católica que ten posto ao seu nome mesquitas, catedrais e igrexas que son patrimonio de todos, patrimonio da humanidade, que ademais seguimos mantendo entre todas e todos estes edificios históricos roubados pola igrexa, posto que o seu mantemento corre a conta do Estado.
É hora de que o Estado decida exercer de laico e que de unha vez por todas a separación entre o Estado e a igrexa sexa real.
Xa basta de que o dito "coa igrexa topamos" este de actualidade en canto ao seu poder político e a súa impunidade xudicial.
[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de persoal da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.
Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
24 de janeiro de 2022 20:07
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon