xoves, xaneiro 27, 2022

A República Popular de Donetsk e a actual crise en Ucrania, ... Por André Abeledo Fernández

Na República Popular de Donetsk quen bombardea a diario dende 2014 é Ucraína, o deixo como dato a ter en conta.

Na República Popular de Donetsk a poboación é de maioría rusa, unha poboación en rebeldía que se decidiu pola autodeterminación e votou pola independencia.

Sexa recoñecida ou non por esa "lei internacional" que se vulnera cada dous por tres en nome de intereses económicos, pero que non recoñece o dereito dos pobos a decidir o seu destino, a realidade é que un pobo se ergueu e loitou pola súa independencia, como ten sucedido ao longo da historia en todo o mundo.

Tampouco se me escapa que Ucraína é un Estado NAZI-FASCISTA que ten decidido impoñer pola forza a unidade territorial con bombardeos e cañonazos contra a poboación civil das repúblicas rebeldes.

Persoalmente estou convencido de que cando un pobo toma a decisión firme de separarse da súa metrópoli, como é o caso, ningún Estado poderá doblegalo pola forza das armas.

Por outro lado poñer a Ucraína NAZI-FASCISTA e a Polonia ultracatólica como exemplo de democracias a protexer dos rusos, di moito do nivel ao que nos movemos.

Tamén me parece unha incongruencia enviar armas e tropas a Ucraína cando o que buscas é unha solución diplomática e pacifica, un exercicio de hipocrisía nivel Deus.

Recordar que a OTAN é un clube exclusivo e belicista dirixido polos EEUU que defende os intereses das grandes cooperativas e multinacionais a base de bombardeos, ataques e invasións.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de persoal da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.



Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
26 de janeiro de 2022 23:54

_______

Foto: Mykolaivka, en Donetsk, na Ucraina. Foto: PMA/Abeer Etefa (arquivo NU).
_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon